Dentro da programación prevista en setembro polas Asociaciones Europeas do Patrimonio Xudeo, o Concello de Tui programa por décimo ano e para os vindeiros días unas Xornadas da Cultura Xudía en Tui que se van celebrar até o sábado 8 de setembro, pondo en valor o importante patrimonio xudeu que hai na cidade.
A Casa do Concello acolleu onte a presentación deste programa por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador tudense, Suso Vila.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, avanzou nesta presentación que no mes de setembro se presentará á Rede de Juderías de España, a solicitude formal da inclusión de Tui neste colectivo. O proxecto que está a redactar o historiador tudense Suso Vila, recollendo os distintos aspecto requiridos pola Rede de Juderías, será levado previamente a pleno para a súa aprobación. Carlos Vázquez Padín indicaba que o legado xudeu de Tui é moi singular abranguendo aspectos culturais, gastronómicos e patrimoniais, polo que amosaba o seu convencemento en que poderá ser un polo de atracción turística e de investimento.
O Concello de Tui solicitará formalmente a súa inclusión na Red de Juderías de España
O concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, apuntou que sería de gran interese para Tui contactar con todas comunidades sefardís europeas e aproveitar así as posibilidades que xorden da presenza xudía en Tui.
Suso Vila, historiador tudense, indicou que Tui leva dez anos celebrando estas Xornadas Europeas da Cultura Xudía, nos que se ten posto en valor todo o patrimonio ligado á presenza xudía na cidade. Indicaba que é fundamental seguir con este traballo porque “Tui é un referente a nivel patrimonial en Galicia”.
O martes 4, mércores 5 e xoves 6, tendo en conta o lema de “Storytelling” co que se celebran este ano os Días Europeos da Cultura Xudea, a actividade centrarase nas redes sociais municipais para dar a coñecer as historias de Francisco Sánchez, o filósofo de Tui; a prisión de Antonio Saravia; e as viaxes de Baltasar de Araujo.
O próximo sábado, 8 de setembro, terá lugar na igrexa de San Domingo o concerto de música sefardí a cargo Ana Alcaide
O domingo, 9 de setembro, ás 13h cunha visita aos Sambenitos, pezas únicas en Europa que se conservan en Tui, baixo o título de “Os nomes da historia”. Está programada outra visita o venres 7 ás 20h á xudería medieval.
Quen son AEPJ?
A Asociación Europea para a Preservación e Promoción da Cultura e o Patrimonio Xudeus ( AEPJ) apoia a preservación, o aprecio e a promoción da cultura xudía e o patrimonio xudeu en Europa. A Asociación tamén se esforza por alentar aos sitios xudeus para que estean abertos ao público en xeral. Estes obxectivos lógranse notablemente a través dos seus dous principais programas: os Días europeos da cultura xudía e as Rutas europeas do patrimonio xudeu . http://www.jewisheritage.org/
A AEPJ está formada por catorce organizaciós: B’nai B’rith Europe , CoopCulture , Diputació de Lleida , Casa Israelí , JECPJ Francia , a Asociación Judía de la Ruta del Patrimonio Cultural , a Comunidad Judía de Lituania , o Ministerio de Cultura y Turismo de Azerbaiyán , Patronat Call de Girona , Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad , Rede de Judiarias de Portugal , Tarbut Sighet Foundation , Unione delle Comunitá Ebraiche Italiane e World Jewish Heritage Fund .




[…] en Tui a programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui que se van celebrar até o sábado 8 pondo en valor o importante patrimonio xudeu que, ao […]
Citar Comentario
Citar Comentario