spot_img
InicioPontevedra e ÁreaVisitas guiadas á xudería medieval e aos sambenitos nas Xornadas Europeas da...

Visitas guiadas á xudería medieval e aos sambenitos nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Prosegue en Tui a programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui que se van celebrar  até o sábado 8 pondo en valor o importante patrimonio xudeu que, ao longo das últimas xornada se ten centrado nas redes sociais municipais coas historias do filósofo Francisco Sánchez, a prisión de Antonia Saravia; e as viaxes de Baltasar de Araujo.

Hoxe venres, 7 de setembro, ás 20h dende a praza da Inmaculada sairá a visita guiada pola xudería medieval. Mentres o domingo, 9 de setembro, ás 13h, tamén dende a praza da Inmaculada, partirá a visita aos Sambenitos gardados no Museo Diocesano. Trátase de pezas únicas en Europa que testemuñan a actividade da Inquisición a comezos do século XVII. Estes lenzos, que foron atopados na Catedral, sinalaban aos herexes reconciliados polo Santo Oficio, quedando marcados durante xeracións. As dúas visitas, para as que non é preciso inscrición previa, serán conducidas polo historiador tudense Suso Vila.

Mentres sábado, 8 de setembro, será a quenda da música co concerto previsto na igrexa de San Domingo a cargo  Ana Alcaide.  Natural de Toledo especializouse na interpretación de música antiga.  Os seus diferentes traballos discográficos teñen recibido os parabéns da crítica especializada, formando parte da‘WorldMusic Charts’, a lista de referencia internacional das músicas del mundo), sendo considerado por un dos mellores discos de 2012 pola crítica especializada. Ten actuado en toda España, Francia, Italia, Alemaña, Marrocos, Canadá, Bulgaria, Indonesia, Corea del Sur, Uzbekistán, Argentina e Uruguay.

- Publicidade -spot_img