spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs oficinas de Turismo da Guarda atenderon a máis de 2000 persoas...

As oficinas de Turismo da Guarda atenderon a máis de 2000 persoas nos meses de xullo e agosto

As oficinas de Turismo da Guarda atenderon a máis de 2000 persoas nos meses de xullo e agostoA oficina de turismo do concello da Guarda ampliou os seus servizos durante a época estival, abrindo unha oficina adicional de información turística no Porto da Guarda, ademais da xa existente na Praza do Reló.

A finalidade deste reforzo foi o de garantir unha maior e mellor atención dos visitantes na localidade, que nestes meses aumentan notablemente a súa afluencia, rexistrándose un total de 2136 persoas atendidas e 802 consultas varias na oficina turística do Porto da Guarda.

Neste ano 2018 a oficina de información turística do porto estivo en funcionamento dende o 7 de xullo, e a atención a visitantes manterase ata o vindeiro 10 de setembro, cun horario de apertura de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas, de luns a domingo ininterrompidamente.

De xeito xeral, as tarefas desenvoltas na oficina de información turística baseáronse na atención directa do visitante; proporcionando información turística, tanto sobre os recursos e eventos de interese da localidade, como sobre os existentes na comarca e localidades próximas.

Destacou nesta tempada estival a gran afluencia de bañistas, dato que non quedou rexistrado nas oficinas de turismo, pero que si se comprobou a pé de praia, rexistrando unha ocupación moi alta, sobre todo no mes de agosto, grazas a boa climatoloxía e a calidade dos areais fluviais e marítimos da Guarda, contando con dous distintivos de Bandeira Azul nas Praias de Area Grande e O Muíño e un distintivo de «EcoPlayas» na Praia do Muíño.

Outro dato a resaltar foi a ampla participación nos eventos culturais que ao longo desta tempada estival se sucederon en diferentes espazos públicos do municipio, cunha axenda cultural moi extensa e para todas as idades nas que os eventos musicais, exposicións e festas gastronómicas tiveron un forte protagonismo.

As visitas guiadas ao Monte Santa Trega tamén congregaron nos meses de xullo e agosto a unha boa parte dos visitantes do municipio, que cada fin de semana participaron nas visitas á Citania de Santa Trega, ao Via Crucis ou ao Museo Arqueolóxico de Santa Trega, reunindo a máis de 1400 participantes de diferentes nacionalidades.

No apartado deportivo, a Travesía a nado, o Torneo de Balonmán Praia, o Torneo de Basket ou o DepoDesafío tamén contaron cunha afluencia significativa, destacando non só ao número de participantes, senón tamén ao público asistente a estes eventos.

Recentemente o Concello da Guarda firmou o Convenio de Adhesión á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, coa finalidade de contar con persoal formado e profesional para unha atención turística de calidade e cun horario ampliado.

- Publicidade -spot_img