Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño e Cerveira comparten actividades de deporte e lecer

Tomiño e Cerveira comparten actividades de deporte e lecer

Tomiño e Cerveira comparten actividades de deporte e lecerOs concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, organizan un programa de actividades deportivas gratuítas conxuntas, dentro do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), que se desenvolverá en equipamentos municipais ata finais do ano 2019.

Haberá sesións para maiores de 55 anos os martes e xoves ás 10 de mañá, e xogos de iniciación á natación para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados de familiares, o primeiro sábado de cada mes (19h, hora galega) na piscina de Vila Nova de Cerveira.

Asemade, programaranse clases de pilates, ximnasia, zumba, fitness e actividades afíns en distintas parroquias de Tomiño. As persoas interesadas poden inscribirse online nas páxinas webs municipais de Tomiño e Cerveira, ou directamente no Concello.

A iniciativa social e os servizos compartidos entre os dous concellos fomentan a práctica deportiva para todas as persoas

Paralelamente, o río Miño protagonizou en xullo un dos proxectos gañadores da pasada edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. A “Asociación Vontade” de persoas con discapacidade de Tomiño organizou durante todo o mes actividades náuticas de turismo e deporte inclusivo desde o pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza. O proxecto, promovido conxuntamente coa Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, terá continuidade neste outono, coa divulgación do deporte do remo entre escolares de 8 a 18 anos de ambos os dous municipios.

A cooperación transfronteiriza foi moi positivamente valorada por case o 95% dos habitantes de Tomiño e Vila Nova de Cerveira nunha enquisa realizada a finais de 2017, na que destacan as opinións favorables a compartir servizos como a piscina, as iniciativas de dinamización económica ou as actividades de intercambio entre escolares.

As actividades de deporte náutico complementarase no curso 2018-2019 cuns obradoiros artísticos para alumnado de primaria e secundaria, impulsados polas ANPAs de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia, outro dos proxectos gañadores en 2018 no Orzamento Participativo Transfronteirizo que xa ten aberta nova convocatoria, e é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies