Inicio Pontevedra Baixo Miño SonDeSeu abre a tempada de concertos na Praza do Seixo de Tomiño

SonDeSeu abre a tempada de concertos na Praza do Seixo de Tomiño

SonDeSeu abre a tempada de concertos na Praza do Seixo de TomiñoMáis de 60 propostas culturais e deportivas realizadas desde as distintas áreas, compoñen a nova Axenda de Verán organizada polo Concello

A orquestra de música folk contemporánea SonDeSeu abrirá en concerto a Axenda de Verán do Concello de Tomiño. O sábado 29 de xuño, a formación actuará na Praza do Seixo a partir das 22.30 horas, cun repertorio con temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes.

A nova axenda de verán do Concello reúne máis de 60 propostas culturais e deportivas organizadas desde diferentes áreas, que da coma resultado un programa de actividades transversal e integrador, no que teñen cabida a todas as citas relacionadas coa cultura, o deporte, a mocidade, o voluntariado, o patrimonio e un longo etcétera.

A programación aglutina todas as actividades organizadas no municipio para o vindeiro trimestre; actividades que forman parte da recén editada axenda en papel, a mesma que recolle máis de 60 espectáculos ou outros eventos que se levarán a cabo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2019.

Esta axenda está a distribuírse en lugares de moito tránsito co propósito de difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, aínda que tamén pode consultarse na web do Concello (http://tomino.gal).

A programación arranca o sábado 29 de xuño coa actuación de SonDeSeu dentro do ciclo Musigal , seguida da Exposición Ruta Artes e Oficios, que chega outro verán da man dos artistas tomiñeses. A partir do día 1 de xullo, levaranse a cabo varios percorridos por lugares relacionados con oficios e artes (Pazo Valdomiño, Adegas do Vimbio, Viveiros Nilo, taller de bombos de Félix Oliveira; estudos de Magín Picallo (escultura) e Pilar Alonso (pintura).

Unha trintena de actividades

No mes de xullo haberá tamén un curso de inglés para persoas viaxeiras; abrirase o punto de información no Espazo Fortaleza, con actividades de caracter cultural e de promoción turistica; e a Aula Museo Antonio Fernández, con exposicións, obradoiros e cursos. Tamén as xeiras polo patrimonio cultural, etnográfico e paisaxístico, voltarán celebrarse. A primeira será o día 4, xoves, “As pegadas na paisaxe: mámoas, ouro, toponimia e garranos”, guiada por Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos.

Por outra banda, os ciclos de música “O Son da Praza”, e “Cine na rúa”, ambos os dous no Seixo, traerán espectáculo e colorido á Praza do Seixo, situada no centro da vila, ao longo de todo o verán, con concertos de música caboverdiana, gaitas, música de banda, baile tradicional galego, cine familiar e infantil, etc.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies