Inicio Pontevedra O Rainbow Warrior recalará en Vigo baixo o lema ‘Cambia a enerxía,...

O Rainbow Warrior recalará en Vigo baixo o lema ‘Cambia a enerxía, non o clima’

 O Rainbow Warrior recalará en Vigo baixo o lema ‘Cambia a enerxía, non o clima’
Rainbow Warrior © Jeremy Sutton-Hibbert / Greenpeace

Baixo o lema ‘Cambia a enerxía, non o clima’, o buque insignia da organización ecoloxista recalará, ademais de en Vigo, nas cidades de Málaga e Barcelona.

En plena onda de calor, que debido ao cambio climático é un fenómeno cada vez máis recorrente e intenso, a campaña do Rainbow Warrior combina a denuncia da crise climática, sinalando as súas causas, consecuencias e responsables, coa esixencia de solucións. A denuncia de Greenpeace apunta aos gobernos, que #ante unha emerxencia climática que eles mesmos recoñecen, non están a actuar coa urxencia nin ambición necesaria. Tamén sinala ás empresas que encobren a súa actividade contaminante con campañas de lavado de imaxe.

Coa visita do Rainbow Warrior, Greenpeace quere destacar a urxencia de actuar contra o cambio climático e como, #ante a falta de acción política, a cidadanía está a tomar as rendas. Para iso, contará coa presenza de diferentes colectivos que xa están “en marcha polo clima” como os movementos xuvenís, representantes da comunidade científica ou exemplos de persoas e colectivos que forman parte da chamada cidadanía enerxética.

O barco está a viaxar por Europa para pedir compromisos máis ambiciosos contra o cambio climático e promover a participación cidadá na transición enerxética necesaria para frealo.

A bordo do barco levarán a cabo encontros con medios de comunicación e representantes políticos e da sociedade civil (entre outros). Así mesmo, Greenpeace abrirá espazos de debate sobre as opcións da cidadanía para participar activamente na transición enerxética e reunirá as habilidades de persoas de moi diferente experiencia para buscar novas solucións para que a cidadanía poida contribuír máis a acelerar o cambio de sistema enerxético para loitar contra o cambio climático.

Todas as persoas que desexen coñecer o Rainbow Warrior (Guerrero do Arcoiris) poderán facelo, xa que o veleiro abrirá as súas portas para que quen se achegue a visitalo descubran, de primeira man, como é a vida a bordo do barco ecoloxista e cales son as solucións ao cambio climático. O lendario “Guerrero do Arcoíris” é o terceiro barco da organización que suca os mares baixo este nome. O actual é un veleiro construído coa tecnoloxía existente máis sustentable. Dentro dunha tripulación internacional, destaca a presenza de dous españois aos mandos do veleiro: o catalán Pep Barbal, que leva máis dunha década navegando como capitán con Greenpeace, e a primeira oficial María Martínez.

VIGO
Entrada a porto: mércores 24 de xullo pola tarde/noite (hora por confirmar)

Xornadas de portas abertas:
xoves 25 de xullo, 10:00-13:00 h e 18:00-20:30 h
venres 26 de xullo, 18:00-20:30 h
sábado 27 de xullo, 10:00-13:00 h e 18:00-20:30 h
domingo 27 de xullo, 10:00-13:00 h

Concerto a bordo: domingo 28 de xullo pola tarde (hora por confirmar)

Taller-mesa redonda de iniciativas de enerxía cidadá: ‘Cambia a Enerxía, no o Clima’: venres 26 de xullo, 11:00-13:30 h (+30 min visita barco). Aberto ao público, previa inscripción

Encontro de prensa: lúns 29 de xullo, 11:00

Saida de puerto: martes 30 de julio por la mañana (hora por confirmar)

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies