Inicio Pontevedra Obradoiro de creación audiovisual no MARCO de Vigo

Obradoiro de creación audiovisual no MARCO de Vigo

Obradoiro de creación audiovisual no MARCO de VigoA partir do martes 2 de xullo, e durante catro días consecutivos, o MARCO ofrece a nenos/as de entre 8 e 10 anos a posibilidade de participar nun obradoiro de creación audiovisual dirixido polo artista Din Matamoro. O obxectivo é explorar a beleza e posibilidades creativas da forma, a cor, o movemento e o son, e o resultado serán curtametraxes abstractas de pouca duración, creadas conxuntamente polos participantes.

A iniciativa xorde no contexto do Festival PUNTO y RAYA. Arte Abstracto en Movimiento, e concretamente na súa variante Punto y Raya JUNIOR, dirixida a participantes menores de 13 anos. Así, as curtametraxes resultantes serán enviadas para a súa participación e selección na convocatoria 2019 do Festival, na categoría Medium (de 8 a 10 anos). https://www.puntoyrayafestival.com/es/tv/junior/call

8/10 abstracción! OBRADOIRO JUNIOR DE CREACIÓN AUDIOVISUAL

Co artista Din Matamoro

Para participantes de entre 8 e 10 anos

http://www.marcovigo.com/content/810-abstracci-n-obradoiro-junior-de-creaci-n-audiovisual

Datas: martes 2, mércores 3, xoves 4 e venres 5 de xullo

Horario: de 11.00 a 13.30

Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas a 10 participantes, por orde de inscrición)

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Calquera persoa interesada debe solicitar a ficha de inscrición e formulario de autorización para participación a través do email comunicacion@marcovigo.com, ou directamente na taquilla do MARCO.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies