Inicio Val Miñor Baiona Dez artistas defenderán a súa canción no Certame de Mellor canción galega...

Dez artistas defenderán a súa canción no Certame de Mellor canción galega Os Bardos de Baiona

Dez artistas defenderán a súa canción no Certame de Mellor canción galega Os Bardos de BaionaBaiona celebrará o vindeiro sábado 29 de xuño de 2019,o Certame de Mellor Canción Galega Os Bardos, que terá lugar na Praza do Concello de Baiona ás 21:00h.

Este Certame constará dunha Gala Final na cal participarán 10 artistas defendendo a súa canción. Trátase de cancións en galego, feita por galegos.

O concurso, organizado polo concello de Baiona, quere recoñecer a creación, a diversidade e a calidade da música feita por galegos en lingua galega.

Nesta primeria edición presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasaron directamente a final de onde sairán os tres primeiros premios. Todos os concursantes defenderán a súa canción nunha gala que será presentada por Rafa Durán, actor, presentador, cómico e showman galego.

Os premios son os seguintes:

1º premio de 600 euros, máis unha actuación a caché na programación do Baiverán 2019.

2º premio de 400 euros.

3º premio de 300 euros.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies