Inicio Pontevedra Silva presenta os Festivais Rías Baixas 2019 que se extenderán pola provincia...

Silva presenta os Festivais Rías Baixas 2019 que se extenderán pola provincia entre os meses de xullo e agosto

Silva presenta os Festivais Rías Baixas 2019 que se extenderán pola provincia entre os meses de xullo e agostoEste ano os festivais promoveranse como #FameDeFestivais no marco da campaña de promoción turística da Deputación “Fame de Experiencias”

O Palacete das Mendoza en Pontevedra acolleu a presentación dos Festivais Rías Baixas 2019 que comezarán o 4 de xullo co PortAmérica en Caldas de Reis (4-6 de xullo), continuarán co Vive Nigrán (19-20 xullo), SinSal na Illa de San Simón (25-28 de xullo), Atlantic Fest na Illa de Arousa (26-27 xullo), SonRías Baixas en Bueu (1-3 agosto) e se estenderán ata 11 de agosto, día de remate dos festivais Revenidas en Vilagarcía e O Marisquiño en Vigo (que terán lugar entre o 9 e 11 de agosto). A presidenta da Deputación amosou o seu orgullo destacando que “temos unha provincia con moito futuro, que está a poñer en marcha moitas iniciativas como esta que están a crear actividade económica”.

Carmela Silva, acompañada dos e das promotoras dos sete festivais, convidou á cidadanía da provincia a asistir a este eventos para “desfrutar da mellor música, nos mellores espazos e rodeadas e rodeados da mellor xente”. Neste eido Silva, amais da música que é seu principal atractivo, puxo en valor aos homes e mulleres que os organizan “que dan a mellor cara da provincia de Pontevedra”; tamén ao espazo “paradisíaco” no que se desenvolven e á gastronomía que os complementa. “Cando a xente chega aos nosos festivais vive un mundo de experiencias, de emocións, de sensacións que teñen como obxectivo final acadar a felicidade”, destacou a presidenta provincial.

Silva tamén subliñou a capacidade de compromiso dos festivais coa igualdade e co medio ambiente. “Falamos de festivais que apostan polas mulleres no mundo da música pero que tamén teñen un compromiso contra as violencias machistas e co medio ambiente, apostando para que os festivais sexan contornas máis seguras e máis respectuosas”. Neste eido tamén incidiron as e os responsables dos festivais que agradeceron á Deputación o seu apoio “para mellorar cada ano e atender mellor ao público que nos visita”.

Neste 2019 os festivais Rías Baixas promoveranse como #FameDeFestivais no marco da campaña de promoción turística “Fame de experiencias”, escollida pola Deputación para divulgar a provincia de Pontevedra. “Hai moita #FameDeFestivais xa que a industria musical na nosa provincia ten un presente extraordinario e un futuro envexable e isto acontece porque aquí hai moito talento e moito traballo para impulsar uns festivais que son xa hoxe unha referencia galega, nacional e internacional e que ano tras ano son máis potentes”, destacou a presidenta.

O acto de presentación dos festivais Rías Baixas contou coa degustación de sidra ecolóxica “Camino” da Estrada, de cervexa “Nasa” e das “Xacobleas”. Ao respecto, a presidenta provincial subliñou que se trata de produtos de calidade impulsados por emprendedores e emprendedoras comprometidos co territorio e coa sustentabilidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies