Inicio Galicia O Barco de Valdeorras sede da Copa de España de Descenso en...

O Barco de Valdeorras sede da Copa de España de Descenso en Augas Bravas

O Barco de Valdeorras sede da Copa de España de Descenso en Augas BravasO río Sil acollerá por segundo ano consecutivo unha proba da Copa de España de Descenso de Augas Bravas, que se disputará no Barco de Valdeorras os días 25 e 26 maio.

Sil converterase no escenario principal da segunda das tres probas que compoñen a XIV Liga de Descensos de Augas Bravas 2019 da Real Federación Española de Piragüismo. Ademais esta competición está denominada como campionato galego da especialidade.

As probas, que congregarán aos mellores deportistas nacionais desta especialidade, comezan este sábado día 25 de maio ás 15:30 horas, que se iniciará coa modalidade clásica. A saída será desde o pobo de Entoma ata a pasarela verde que cruza ao Salgueiral no centro do Barco de Valdeorras. Ás 18 h será o Campionato de España de patrullas clásica, estas probas constan dunha distancia de 4km. Para finalizar o domingo ás 10 h coa Copa España individual na modalidade sprint, na que os participantes terán que completar un percorrido de 500 m, a saída é nas Cortes e a chegada é na zona de baño do Cachón.

Este evento conta coa organización do Club Fuvial O Barco xunto a Federación Galega de Piragüismo, en colaboración coa Federación Española de Piragüismo. A competición disputarase na modalidade de kaiak individual, tanto homes como mulleres, e en canoa en C-1 e C-2 só homes en categorías cadete, junior, senior e veteranos.

A clasificación xeral da liga está encabezada nestes momentos polo Club Sícoris de Lleida, ao que lle seguen o Fluvial O Barco e o Mitjana de Lleida.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies