Inicio Val Miñor Baiona O Trofeo Baitra de Vela Infantil encherá de velas a baía baionesa...

O Trofeo Baitra de Vela Infantil encherá de velas a baía baionesa esta fin de semana

Trofeo Baitra de Vela Infantil, que durante dúas xornadas encherá de velas a baía baionesa.A partir de mañá sábado, máis de medio centenar de novos regatistas de Vigo, Canido, Corcubión e Baiona, disputaranse o Trofeo Baitra de Vela Infantil, que durante dúas xornadas encherá de velas a baía baionesa.

O campionato autonómico, que busca impulsar a vela de base en Galicia, está organizado en exclusiva para regatistas da clase Optimist, a embarcación máis empregada para iniciarse no mundo da navegación de forma individual, dada a súa sinxeleza, estabilidade e fácil manexo.

Os participantes disputaranse a vitoria nun máximo de seis probas, con percorridos en forma de trapecio que supoñerán uns corenta minutos de navegación. A primeira das saídas darase mañá sábado ás dúas e media da tarde e as últimas mangas celebraranse o domingo a partir das once e media.

A previsión meteorolóxica anuncia boas condicións de vento e mar para a navegación, cun vento do nornoreste que superará os 14 nós na primeira xornada, chegando mesmo ata os 18, e algo máis frouxo na segunda.

Todos aqueles que queiran gozar da regata e ver aos nenos competindo en Baiona poderán facelo desde os arredores da baía, en lugares como o paseo que rodea ao Parador Nacional, praia América ou Monte Lourido.

Na anterior edición do Trofeo, os clubs náuticos de Vigo e Canido foron os que subiron un maior número de representantes aos podios de gañadores.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies