Inicio Pontevedra A Fundación Érguete-Integración celebra o seu XX Aniversario coa Xornada 20 anos...

A Fundación Érguete-Integración celebra o seu XX Aniversario coa Xornada 20 anos traballando coas persoas

A Fundación Érguete-Integración celebra o seu XX Aniversario coa Xornada 20 anos traballando coas persoas O evento terá lugar o xoves 20 de xuño no Salón de Actos do Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo.

O día 4 de novembro de 1999 constituíase a Fundación Érguete-Integración, que nacía co obxectivo de traballar para que as persoas en risco ou situación de exclusión social conseguisen unha plena inserción sociolaboral. Para festexar os seus 20 anos de historia, a entidade celebrará un evento conmemorativo o vindeiro mes.

O acto terá lugar o xoves 20 de xuño, a partir das 09:30 horas, no Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo e estará conducido por Iván Olmos Ferreiro, campión mundial de discursos en español (2018).

A presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avendaño, será a encargada de inaugurar a xornada “20 anos traballando coas persoas” e dar comezo á sesión da mañá, que inclúe dúas mesas redondas e dúas ponencias. A primeira leva por título O traballo como mecanismo de integración e será un encontro con representantes de entidades sociais invitadas.

A continuación as persoas asistentes poderán desfrutar da intervención de Jaume Farré Cortadellas, director de Programas Sociales – Fundación “la Caixa”, que falará sobre O papel das Entidades Sociais coma potenciadoras da inserción laboral.

Tras a pausa para o café será a quenda da mesa redonda Boas prácticas sociais nas empresas. Desta volta serán representantes do sector empresarial os que debaterán sobre a vertente máis social da actividade das súas empresas. E a sesión da mañá pecharase coa ponencia A xestión da idade. Pondo en valor o talento Sénior na era da lonxevidade, a cargo de Laura Rosillo Cascante de Talento Cooldys.

Xa pola tarde, a partir das 17 horas, continuará o programa coa mesa redonda A intervención e o traballo social desde o punto de vista dos usuarios e usuarias, na que persoas usuarias da Fundación terán a oportunidade de compartir a súa experiencia. De seguido terá lugar a ponencia 20 anos de historias con Carmen Avendaño Otero. Presidenta da Fundación Érguete – Integración; Juan A. González Pérez, director ata 2015 da entidade e Ana Mª Álvarez Franco, actual directora da Fundación. Cara ás 18:15 horas o escritor e contacontos Miguel Ángel Alonso Diz impartirá o taller A Poesía como ferramenta de superación.

Para rematar a xornada, haberá unha representación musical do Grupo EN-CÁNTAME, que naceu do taller de Musicoterapia do Programa Sísifo da Fundación.

Tras a actuación, arredor das 19 horas, o acto será clausurado polo Alcalde do Concello de Vigo.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies