spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Trofeo Repsol recupera o clásico percorrido entre Baiona e Sanxenxo

O Trofeo Repsol recupera o clásico percorrido entre Baiona e Sanxenxo

o-trofeo-repsol-recupera-o-clasico-percorrido-entre-baiona-e-sanxenxoA histórica Regata de Primavera do Monte Real Club de Yates cumpre a súa 46ª edición neste 2024 e recupera o clásico percorrido entre Baiona e Sanxenxo que non se disputaba desde o 2016

Revista Cousas de nº21

Despois de sete anos variando de formato, o Trofeo Repsol do Monte Real Club de Yates recupera neste 2024 o seu clásico percorrido ata Sanxenxo, que se disputou durante moito tempo no marco da competición.

A clásica Regata de Primavera do club baionés, que este ano cumpre o seu cuadraxésimo sexta edición, é coa súa case medio século de vida, unha das máis lonxevas do panorama náutico español e unha das máis queridas pola frota galega. Aínda que o prazo de inscrición segue aberto, a organización espera reunir a máis de 200 regatistas nos máis de medio centenar de veleiros participantes.

Nesta edición, o Trofeo Repsol, incluirá tres días de competición, desde o venres 26 ao domingo 28, nos que se disputarán catro probas de diferentes formatos. Na primeira xornada só sairán á auga os J80 para medirse nun par de probas do tipo barlovento sotavento, que darán comezo ás catro da tarde

A fin de semana será cando se reúna xa toda a frota para os trazados costeiros. O sábado ao mediodía partirase de Baiona rumbo a Sanxenxo e o domingo, tamén ao fío do mediodía, sairase do porto lilaíno para volver de novo á baía baionesa. Será ese día, no Monte Real Club de Yates ás sete da tarde, cando se celebre a entrega de premios aos gañadores.

o-trofeo-repsol-recupera-o-clasico-percorrido-entre-baiona-e-sanxenxo

O comodoro do Monte Real Club de Iates, Ignacio Sánchez Otaegui, destacou a importancia que esta competición ten en Galicia ao “lograr reunir a gran parte da frota da comunidade, e non só aos cruceiros, senón tamén a barcos técnicos como son os J80, que ademais de competir nos bastóns do venres, navegarán nas costeiras da fin de semana”. “Reúnese así un gran número de barcos con moitas ganas de levar un trofeo histórico como é o Trofeo Repsol, e hai moi bo ambiente para empezar en serio coa tempada de regatas”, dixo Otaegui.

Ademais do programa deportivo, o Trofeo Repsol deste 2024 inclúe varias actividades de lecer para os participantes, como petiscos e degustacións, das que poderán gozar nas instalacións do Monte Real Club de Yates e o Real Club Náutico de Sanxenxo.

Na competición volverá usar un ano máis o combustible renovable de cero emisións de Repsol elaborado a partir de residuos. Dentro do patrocinio do trofeo, a compañía enerxética achegará 400 litros deste combustible para os barcos de apoio das regatas, algo que incidirá, de forma importante, nunha redución da pegada ambiental.

“Satisfainos especialmente colaborar cunha entidade que focaliza a súa acción en lograr a excelencia no seu sector, en superar barreiras, en marcarse obxectivos ambiciosos a nivel deportivo, social e, desde hai uns anos, tamén medio ambiental” – asegurou na presentación a responsable de mariña e pesca de Repsol, Inés González Megido. “En sintonía con ese espírito -continuou- ao Monte Real Club de Yates e a Repsol cada vez únennos máis cousas e nutrímonos do coñecemento e saber facer do outro. Quizais esa sexa clave: que ambos potenciamos aqueles aspectos que consideramos que son bos para a sociedade e para o medio natural, impulsando o deporte, apostando pola integración e reducindo a pegada ambiental nestas colaboracións”.

O presidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez, agradeceu a Repsol o seu apoio durante máis de 20 anos, dixo, a unha competición que cumpre 46 anos. “Rozando case xa o medio século de historia, esta competición consolidou a súa posición como unha das principais probas de vela pesada en Galicia, atraendo a destacadas tripulacións ano tras ano”, asegurou José Luis Álvarez. “Durante este extenso percorrido, contamos co respaldo inquebrantable dun colaborador excepcional, o noso patrocinador principal, que demostrou o seu compromiso continuo con este evento e co noso club durante máis de 20 anos”.

“A REPSOL”, é así como todos chámana cando falan desta gran cita da vela en Galicia

Na presentación oficial da competición tamén participou o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, quen se sumou ao agradecemento a Repsol por apoiar a competición e dinamizar a economía da zona co seu patrocinio. “O seu compromiso co deporte tras máis de 20 anos con esta regata é admirable e axuda a consolidar Galicia como referente no deporte náutico”, dixo. O alcalde de Baiona, #Jesús Vázquez Almuíña, foi o encargado de clausurar o evento con palabras de homenaxe ao club organizador, do que dixo que “desde que fixo a súa aparición en Baiona non fixo máis que potenciar o deporte e a economía da localidade, algo polo que hai -asegurou- que agradecer o esforzo”.

 

TROFEO REPSOL 2014 · 46ª REGATA DE PRIMAVERA

XOVES 25 ABRIL

16:00 – 18:00 · Presentación de documentación E entrega de instruccións

VENRES 26 ABRIL

10:00 – 18:00 · Presentación de documentación e entrega de instruccións

16:00 · Bastones para a clase J80

19:30 · Degustación

SÁBADO 27 ABRIL

12:00 · Costera Baiona – Sanxenxo

19:00 · Pincho para as tripulacións

DOMINGO 28 ABRIL

12:00 · Costera Sanxenxo – Baiona

19:00 · Entrega de premios e pincho para as tripulacións

- Publicidade -spot_img