spot_img
InicioAlto MinhoSeis espectáculos de artes de rúa abren a primeira xornada do FIAR...

Seis espectáculos de artes de rúa abren a primeira xornada do FIAR na Eurocidade Tui-Valença

A eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúa co FIARTodo preparado na Eurocidade Tui-Valença a celebración da segunda edición do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR. Dende mañá venres e até o domingo o público poderá gozar de espectáculos de danza, música, clown, malabares, da man de artistas  galego, portugueses, italianos e franceses

Revista COUSAS DE nº14

Unha aventura de piratas será a encarga de abrir o festival. Teatro Ghazafelhos presenta “A illa sen tesouro”, unha nova proposta de teatro de rúa con Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho. A escenografía convértese nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada, lugares onde transcorren escenas relacionadas coa vida pirata, sempre con humor e moita acción: a música e a loita de espadas está asegurada. Haberá dobre función ás 16 hora española na praça da República na Fortaleza de Valença e ás 20.30 h no Paseo da Corredoira en Tui.

Dende Italia chega Galiró – Lorenzo Gianmario – quen de converterse nunha banda musical completa. No seu espectáculo itinerante “Poom Cha” interactuará co público pola Corada en Valença, dende ás 17 hora española, e a partir das 22.30 h entre o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui.

No Jardim das Amoreiras mañá venres, ás 18 h hora española a compañía portuguesa Mandrágora presenta “Formas Animadas”, no que conxuga a arte das marionetas co humor e as historias.

“O estraño caso do dentista da rúa Brazov” é o espectáculo itinerante que Troula Animación presenta a partir das 19.30  h no Paseo da Corredoira. Relata a historia dun dentista da Europa do Leste que percorre co seu carromato pobos e cidades para buscar pacientes. Pero o que o público descubrirá é que este dentista ten estraños costumes e emprega a maxia como ninguén.

A eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúa co FIAR

Mónica Suárez e Berta Garriga son as actrices de “Ohlimpiadas!”, a proposta teatral que a compañía Las Sincro presenta mañá venres, ás 21.30 h na praza de San Fernando. Un espectáculo que mestura humor, clown, acrobacias e danza e amosa como sería a vida cotiá retransmitida como deporte en directo.

A primeira xornada do FIAR 2022 pecharase coa compañía Comedias do Minho ás 23 hora española no Jardim Municipal de Valença. Representan “A perturbação do cidadão exemplar” baixo a dirección de Joana Magalhães. Neste espectáculo musical preséntase a historia dun cidadán exemplar que non ten ningún problema na súa vida, non ten fisuras, pero fáltalle algo: non sabe danzar. Aquí aprenderá a soltarse ao ritmo das baterías.

Toda a programación do festival, que prosegue até o domingo, pode consultarse en www.tui.gal

FIAR 2022 Venres, 22 de xullo

 

  • Ás 16.00 h ES Teatro Ghazafelhos con “A illa sen tesouro” na Praça da República en Valença
  • Ás 17.00 h ES Galiró con “Poom Cha” espectáculo itinerante pola Coroada na Fortaleza de Valença
  • Ás 18.00 h ES Mandrágora con “Formas Animadas” no Jardim das Amoreiras en Valença
  • Ás 19.30 h ES Troula Animación con “O estraño caso do dentista da rúa Brazov” espectáculo itinerante polo Paseo da Corredoira de Tui
  • Ás 20.30 h ES Teatro Ghazafelhos con “A illa sen tesouro” no Paseo da Corredoira en Tui
  • Ás 21.30 h ES Cía Las Sincro con “Ohlimpiadas!” na praza de San Fernando, en Tui
  • Ás 22.30 h ES Galiró con “Poom Cha” espectáculo itinerante entre o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui
  • Ás 23.00 h ES Comedías do Minho con “A perturbaçao do cidadao exemplar” no Jardim Municipal de Valença
- Publicidade -spot_img