spot_img
InicioVal MiñorBaionaConta atrás para a 47ª edición do Trofeo Conde de Gondomar

Conta atrás para a 47ª edición do Trofeo Conde de Gondomar

Tripulacións de Galicia e Portugal bateranse en augas do Atlántico para conseguir o récord do 'Carrumeiro Chico'
Tripulacións de Galicia e Portugal bateranse en augas do Atlántico para conseguir o récord do ‘Carrumeiro Chico’ en 2020

A mítica subida ao Carrumeiro Chico de case 100 millas de distancia de ida e volta entre Baiona e Corcubión volverá ser proba raíña do trofeo e a encargada de abrir o programa de regatas

Revista COUSAS DE nº14

Máis de 40 barcos rexistrados, 4 días de competición, 5 probas e 3 trofeos en xogo. Así se presenta a cuadraxésimo sétima edición do Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio Zelnova Zeltia / Banco Sabadell, a histórica regata do Monte Real Club de Yates que levanta o pano este venres en Galicia. Farao, como vén sendo tradición, coa mítica subida ao Carrumeiro Chico, de case 100 millas de distancia. Este percorrido ata a roca de Corcubión é un dos máis longos da tempada de regatas en Galicia, o gran reto do trofeo e o encargado de abrir o programa de regatas. E este ano vén con novidades, xa que haberá dúas clases diferenciadas: ORC e Open.

Na última edición, o barco máis rápido en completar a proba foi o Magical de Julio Rodríguez. Cruzou a liña de chegada tras case 13 horas (12 horas e 55 minutos) de navegación, e 21 minutos antes que o Aceites Abril, que chegou segundo (21 minutos despois) e acabou facéndose coa vitoria de etapa grazas á compensación de tempos.

Ambas as tripulacións, compañeiras do Real Club Náutico de Vigo, son dous das 13 que xa confirmaron a súa participación no reto do Carrumeiro deste ano, que se disputará a partir das once da mañá. Veremos tamén na auga ao barco máis grande de toda a frota do Conde, o Yess de Rui Ramada (63 pés/19 metros), ao Txole de Ignacio Sánchez Otaegui (MRCYB), ao Narval de José Antonio Portas (CN Vilagarcía), ao Ronáuticas Mariñas de Joaquín Carneiro (CN San Telmo) ou aos portugueses Five de Joao Tourigo e Maximus de Jorge Leite, entre outros.

O barco que resulte gañador desta etapa levará o Trofeo Carrumeiro Chico, un dos tres que inclúe o Gran Premio Zelnova Zeltia / Banco Sabadell deste ano. Os outros dous trofeos en liza son o Trofeo Conde de Gondomar, que inclúe a proba do Carrumeiro, a volta a Ons e dous bastóns; e o Trofeo Conde de Gondomar – Erizana, no que puntuarán unha regata costeira, a volta a Ons e dous bastóns.

Haberá, así, cinco probas en catro días de competición para as catro categorías en contenda: ORC, Open, J80 e Fígaros. Á primeira xornada, reservada á navegación ata o Carrumeiro Mozo, sucederalle unha regata costeira o sábado 23 a partir do mediodía; a volta a Ons o domingo 24 desde as once da mañá; e dous bastóns (barlovento/sotavento) o luns 25 desde as doce do mediodía. Ese último día, festivo en Galicia, entregaranse os premios aos gañadores da competición nunha cerimonia prevista para as seis e media da tarde nos xardíns do Monte Real Club de Yates.

Sanxenxo, Vilagarcía, Portosín, Castrelo de Miño, Tui, A Guarda ou Portosín, desde Galicia; e Porto ou Povoa de Varzim, desde Portugal; son algunhas das procedencias das tripulacións participantes, sendo Baiona e Vigo as que contarán cunha maior representación de veleiros na competición.

Os barcos do Real Club Náutico de Vigo tratarán de repetir o éxito logrado na edición anterior, na que resultaron gañadores en practicamente todas as categorías. Coparon o podio do Trofeo Conde de Gondomar (Aceites Abril, Marnatura e Magical), gañaron en tempo real e en compensado a subida ao Carrumeiro (Magical e Aceites Abril) e venceron no Trofeo Erizana (Deep Blue).

De forma especial, moitas das miras estarán postas na actuación do Aceites Abril dos irmáns Luís e Jorge Pérez Canal, que aspira a lograr a súa sexta vitoria no Conde de Gondomar. O seu triunfo en 2021 permitiulle superar as catro vitorias dos históricos Ardora (Paz Andrade), Castrosúa (Willy Alonso) e Alaxe (Julio Martínez Gil); pero os ourensáns aínda teñen que gañar unha edición máis para empatar (e dúas edicións máis para superar) aos diferentes Pairos de José Luis Freire, que acumulan 6 triunfos.

O 47º Trofeo Conde de Gondomar está patrocinado por Zelnova Zeltia e Banco Sabadell; e conta coa colaboración especial da Deputación de Pontevedra. Na competición tamén colaboran a Xunta de Galicia, o concello de Baiona, o concesionario Volvo Autesa de Vigo, a xenebra premium Martin Miller, a adega Terras Gauda e a marca de roupa náutica Musto.

Conta atrás para a 47ª edición do Trofeo Conde de Gondomar

Na presentación oficial da competición celebrada este xoves no Monte Real club de Yates participaron, ademais do presidente do club, José Luis Álvarez; o conselleiro delegado de Zelnova Zeltia, Juan Carlos Ameneiro; o director institucional de SabadellGallego, Adolfo García Ciaño; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; e o comodoro do MRCYB, Ignacio Sánchez Otaegui.

47º TROFEO CONDE DE GONDOMAR

GRAN PREMIO ZELNOVA ZELTIA / BANCO SABADELL

Monte Real Club de Yates (Baiona) · 22 – 25 de xullo de 2022

 

Venress 22 de xullo : Reto do Carrumeiro Chico

Sábado 23 de xullo : Regata costeira

Domingo 24 de xullo : Vuelta a Ons

Lúns 25 de xullo : Bastones barlovento/sotavento

 

TROFEO CONDE DE GONDOMAR

 

4 probas: Subida ao Carrumeiro Chico + Volta a Ons + 2 bastones

Clases : ORC + Open

 

TROFEO CARRUMEIRO CHICO

 

1 proba: Subida ao Carrumeiro Chico

Clases: ORC + Open

 

TROFEO CONDE DE GONDOMAR – ERIZANA

 

4 probas: Regata costeira + Volta a Ons + 2 bastones

Clases: ORC + J80 + Fígaros

 

- Publicidade -spot_img