O Concello de Sanxenxo trasladou o pasado sábado a Portonovo a nova edición do Programa de Animación á lectura nas Bibliotecas que este ano leva por título “A caixa dous contos”.
O pasado mes de novembro foron preto de 70 os escolares de 1º a 6º curso de Educación Primaria os que se sumaron a esta iniciativa celebrada durante tres xornadas nas instalacións do Pazo Emilia Pardo Bazán.
Ao longo deste mes son os nenos e nenas portonoveses os destinatarios desta acción, que se desenvolve os sábados 17, 24 e 31 de 11.00 a 13.00 horas.
Na primeira sesión, centrada no humor, os asistentes contaron e escoitaron chistes, elaboraron un panel decorativo por grupos e atenderon os relatos dos contos “Que lata de rata”, “A vaca que puxo un ovo” e “Don Tronchante”. As seguintes convocatorias virarán en torno ao amor e ao terror.
O Programa de Animación á Lectura nas Bibliotecas desenvolverase tamén en Vilalonga o 28 de febreiro, e o 7 e 14 de marzo.



