spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán acollerá a I Milla Solidaria Anemia de Fanconi

Nigrán acollerá a I Milla Solidaria Anemia de Fanconi

Nigrán acollerá a I Milla Solidaria Anemia de FanconiA carreira, organizada pola Asociación Española de Anemia de Fanconi en colaboración co tres concellos da comarca, celebrarase o 28 de febreiro, coincidindo co Día Mundial de Enfermidades Raras

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, presidiu hoxe a presentación da I Milla Solidaria Anemia de Fanconi, nun acto celebrado no salón de actos municipal, no que tamén estivo presente a deputada provincial, Marta Igrexas, as concelleiras de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, a concelleira de Benestar Social, Mª Carmen Alonso-Macías, as concelleiras de deportes de Baiona e Gondomar, Miguel Anxo Martínez Larrea, delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Damián Vilas Domínguez, en representación da Asociación Española Anemia de Fanconi, e Miguel Igrexas Valverde, director técnico da carreira.

O evento celebrarase en Nigrán o vindeiro sábado 28 de febreiro, coincidindo co Día Mundial de Enfermidades Raras, unha iniciativa solidaria organizada pola Asociación Española de Anemia de Fanconi, en colaboración co tres concellos da comarca, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, entre outros patrocinadores.

A I Milla Anemia de Fanconi é un proxecto totalmente solidario, xa que a organización doará o 100% da recadación da carreira á Asociación Española Anemia de Fanconi, co fin de axudar no labor que realiza esta asociación, como dar a coñecer esta patoloxía, considerada dentro do grupo de enfermidades raras.

En Galicia existen cinco casos diagnosticados de Anemia de Fanconi, todos eles relacionados con familias do Val Miñor, motivo polo cal a organización seleccionou este emprazamento para a celebración da carreira.

Descrición da carreira

O circuíto situarase na Avda. Castelao, entre a Estrada da Vía e o paseo de Praia América, cun percorrido apto para todas as categorías desde pitufos até veteranos. A distancia do mesmo oscilará entre os 150 metros e os 1.609 metros ?unha milla-, dependendo da categoría a disputar.

As inscricións poderanse formalizar a través da páxina Web de Carreiras Galegas e presencialmente nas instalacións da Piscina Mancomunada do Val Miñor, na Ramallosa e en téndaa Deportes Atthletics, na Avda. Balaidos, número 41 (Vigo), antes do mércores 25 de febreiro.

A organización estableceu unha cota de inscrición de 5 euros para as categorías promesa-senior e veteranos, sendo gratuíta a participación para as categorías menores, desde pitufos até junior. No entanto, debido ao carácter solidario da carreira, as categorías menores poderán efectuar donativos de 1 euro ao formalizar a inscrición, que se destinará integramente á asociación.

Os dorsais serán facilitados pola organización o venres 27 de febreiro de 16.00 a 20.00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, e o mesmo día da carreira, a partir das 9.30 horas.

Dorsal solidario

Todas aquelas persoas que queiran contribuír coa causa pero que non desexan participar de forma activa na carreira, poderán adquirir o seu dorsal solidario polo mesmo prezo que a inscrición, cinco euros.

- Publicidade -spot_img