Inicio Pontevedra O Salnés Sanxenxo traslada este mes á Biblioteca de Portonovo o Programa de Animación...

Sanxenxo traslada este mes á Biblioteca de Portonovo o Programa de Animación á Lectura

Sanxenxo súmanse esta semana ao novo circuíto 'Cinemas de Galicia' da Consellería de Cultura e EducaciónO Concello de Sanxenxo trasladou o pasado sábado a Portonovo a nova edición do Programa de Animación á lectura nas Bibliotecas que este ano leva por título “A caixa dous contos”.

O pasado mes de novembro foron preto de 70 os escolares de 1º a 6º curso de Educación Primaria os que se sumaron a esta iniciativa celebrada durante tres xornadas nas instalacións do Pazo Emilia Pardo Bazán.

Ao longo deste mes son os nenos e nenas portonoveses os destinatarios desta acción, que se desenvolve os sábados 17, 24 e 31 de 11.00 a 13.00 horas.

Na primeira sesión, centrada no humor, os asistentes contaron e escoitaron chistes, elaboraron un panel decorativo por grupos e atenderon os relatos dos contos “Que lata de rata”, “A vaca que puxo un ovo” e “Don Tronchante”. As seguintes convocatorias virarán en torno ao amor e ao terror.

O Programa de Animación á Lectura nas Bibliotecas desenvolverase tamén en Vilalonga o 28 de febreiro, e o 7 e 14 de marzo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies