·Publicidade ·spot_img
InicioPontevedra e prov.Pontevedra“Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico para achegar...

“Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico para achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía

“Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico para achegar os valores medioambientais e científicos á cidadaníaA Deputación de Pontevedra lanza hoxe  a “Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico que ten como obxectivo achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía así como poñer en valor o patrimonio vexetal existente na Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

A presidenta provincial, Carmela Silva, supervisou hoxe o percorrido que terán estas visitas guiadas coas que ademais a EFA logra o selo OBSERVER de turismo científico, un certificado que tamén ten o Castelo de Soutomaior.

Para Carmela Silva: “O selo vai a permitir algo fundamental que é dar a coñecer a EFA ao público xeral para que a sociedade tome conciencia da importancia de manter a biodiversidade”

“Con este selo xa somos unha provincia de ciencia certificada e a finca do Areeiro vai ter moitísima presencia e recoñecemento”. Deste xeito, o título vai a permitir algo “fundamental” como é “dar a coñecer a EFA moito máis e facelo cara o público xeral para que a sociedade tome conciencia da importancia de manter a biodiversidade”. Neste senso a presidenta puxo o aceno na relevancia de que “pasen moitas familias, moitas nenas e nenos que esperten o amor polo coñecemento vinculado á natureza así como pola súa preservación”. Ademais do público xeral, tamén poderán realizar os percorridos persoal do eido científico, para quen se realizará un itinerario máis específico.

“Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico para achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía

Na súa visita á Estación Carmela Silva puxo en valor o traballo que se realiza no centro, que é “unha gran referencia nacional e internacional”, e destacou que ao longo da súa historia converteuse en “imprescindible para o sector privado”, amais de facer fincapé na “importancia da ciencia e a investigación e de recuperar o amor pola natureza, por coidala, e que todo isto se faga dende o coñecemento científico”.

As visitas realizaranse ata o mes de xaneiro de xeito gratuíto e están destinados tanto a o público en xeral como a profesionais do eido científico

Estarán conducidas por un ou unha guía que amosará ás persoas asistentes os distintos lugares da Estación como o Xardín Pedro Mansilla, o Insectario ou o xardín das aromáticas.  Deste xeito, a “Ruta da Ciencia Areeiro” versará sobre a investigación botánica en Galicia, a camelia -unha flor que ten usos alén do ornamental como a extracción de aceite das súas sementes- ou a relación entre a tecnoloxía e os cultivos de árbores froiteiras. Tamén se falará das plantacións de té -a segunda bebida máis consumida do mundo despois da auga-, as feixoas, os fentos ou as plantas aromáticas, coas que se fará unha pequena actividade na horta.

As mulleres na ciencia

Na súa visita á Estación Carmela Silva fixo un recoñecemento ás mulleres que traballan no eido científico. Deixou claro que “as mulleres somos as garantes da vida, non soamente nos dedicamos a coidar aos nenos e nenas e ás persoas maiores ou dependentes senón que tamén nos dedicamos a coidar do planeta”. Ademais, lembrou a presidenta, “nas carreiras que teñen que ver coa bioloxía ou o medio ambiente matricúlanse maioritariamente mulleres porque a nós preocúpanos todo o que ten que ver coa diversidade”.

“Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico para achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía
A Presidenta fixo un especial recoñecemento a Carmen Salinero (no centro da foto)

 

Carmela Silva fixo tamén un recoñecemento especial a Carmen Salinero, xefa do servizo da EFA e “nai das camelias en Galicia e en toda España”, e lembrou que na primavera plantarase unha camelia co seu nome no Xardín do Castelo de Soutomior. “Será unha homenaxe a Carmen e a todas vós -referíndose ás traballadoras da Estación presentes no acto- porque o voso traballo é imprescindible, moito máis que outros, tal e como nos amosou a Covid-19”.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade