·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolleu esta fin de semana a última proba da Pontevedra...

A Guarda acolleu esta fin de semana a última proba da Pontevedra Trail League

A Guarda acolleu esta fin de semana a última proba da Pontevedra Trail LeagueMáis de 450 atletas tomaban parte na saída do que ía ser a última das probas da Pontevedra Trail League, tras as celebradas no Rosal e Tui en datas anteriores.

15 km de percorrido cun desnivel de case 800 metros, para constantes subidas e baixadas desde un monte Santa Trega que presentaba un aspecto espectacular, coas augas de mar atlántico aos seus piés e os ancestrais castros celtas “observando” o paso dos participantes.

José Manuel Lorenzo e María Martínez conquistan o VIII Trail do Trega, unha proba na que Natalia Sierpes e Maxi Oubiña conseguiron os puntos necesarios para ser os vencedores da Pontevedra Trail League

A carreira absoluta masculina estivo moi competida na primeira parte. Así, de saída o portugués Carlos Silva marcou un forte ritmo con Óscar Guerra, Marcos Fernández e Jose Manuel Fernández trantado de seguilo.

Sería a partir do metade de carreira, cando, o á poste vencedor, o morracense José Mª Lorenzo collería a cabeza, a cúal xa non deixaría ata o final, entrado primeiro na liña de meta cun crono de 1:21:48. Tras el, 2º sería Marcos Fernández de Salvaterra con 1:23:54 completando o podium o cambadés Óscar Guerra, nun final moi apertado e emocionante cos propio Marcos e o rosaleiro José Manuel Fernández, que só podería finalizar 4º.

A categoría feminina ha tido unha dominadora máis clara, coa porriñesa María Martínez, comandando as operacións desde o arranque, e parando o crono en 1:41:50 en meta. Tras ela, a viguesa Elena Rosell non vió perigar nunca ese segundo posto do caixón, finalizando con 1:43:26. A terceira praza, a máis de tres minutos, para Natalia Sierpes de Baiona, 1:47:08

Punto e final a este ano da Pontevedra Trail League, que segundo dixera en Deputado de Deportes da Deputación, Gorka Gómez, nas distintas presentacións, vai ter a súa continuidade no 2022, coa intención de seguir sumando sedes ás tres desta edición.

 

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade