·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acolle o 'Blue Atlantic Forum' co obxectivo de impulsar a economía...

Baiona acolle o ‘Blue Atlantic Forum’ co obxectivo de impulsar a economía azul e crear un espazo de referencia en Europa

Baiona acolle o 'Blue Atlantic Forum' co obxectivo de impulsar a economía azul e crear un espazo de referencia en EuropaO Parador Conde de Gondomar de Baiona acolle os próximo días 24, 25 e 26 de novembro ”Blue Atlantic Forum’, un encontro que busca converterse nun espazo de referencia da economía azul nos Estados Membros Atlánticos da Unión Europea

O Concello de Baiona organiza o ”Blue Atlantic Forum’, un encontro que ten o obxectivo de dar un impulso á economía azul sostible para crear un novo polo económico na localidade, sumando competitividade económica e sustentabilidade ambiental ao sector marítimo, explica o concello.

Deste xeito, ponse en marcha este foro, que se celebrará os próximos 24, 25 e 26 de novembro no Parador Conde de Gondomar da vila, e que busca converterse nun espazo de referencia da economía azul nos Estados Membros Atlánticos da Unión Europea. O evento presentouse na Real Villa. O Forum, que xorde por iniciativa do Concello, é financiado por fondos concedidos polo Galp Ría de Vigo – A Guarda e cofinanciado por Deputación de Pontevedra, Abanca Mar entre outras entedides.

Durante tres xornadas o evento reunirá representantes dos sectores públicos e privados para analizar as posibilidades do mar, da biotecnoloxía e do turismo. O primeiro día, 24 de novembro, está enfocado ao sector da pesca e a acuicultura. A xornada comezará ás 09:00 coa recepción das persoas asistentes. O Alcalde de Baiona será o encargado de dar unha benvida institucional aos asistentes para despois comezar co simposio ”O pacto europeo: cara a unha economía azul sostible”. Continuarase con “Rías galegas circulares” e, tras unha pausa trátase era o tema “Do produtor ao consumidor: retos do consumo local de peixe”. Despois abordarase o financiamento para proxectos de economía azul e exemplos de boas prácticas en pesca e acuicultura. A xornada finalizará cunha sesión sobre as conclusións extraídas dos distintos temas.

O segundo día, 25 de novembro, a xornada estará dedicada á biotecnoloxía mariña, abordarase o concepto de: Que é a biotecnoloxía mariña?, As rías galegas como fonte de recursos biotecnolóxicos, As algas na gastronomía atlántica, oportunidades no campo da biotecnoloxía de formación na economía azul ou exemplos de boas prácticas en biotecnoloxía mariña para finalizar coa sesión de conclusións extraídas ao longo da xornada.

O venres 26 de novembro, o turismo será o protagonista da última xornada. Abordarase o tema do turismo na Axenda 2030. Durante estas tres xornadas serán discutidos os principais eixos da economía azul en Galicia: a pesca, a biotecnoloxía, e o turismo costeiro tendo sempre a sustentabilidade como referencia. “Desde un principio non dubidamos en apoiar a iniciativa presentado polo Concello de Baiona xa que desde a Abanca é prioritaria a proximidade á contorna e o apoio á Economía Azul con proxectos aliñados cos obxectivos do desenvolvemento sostible” han sinalado Javier Fraga, director Abanca Mar, e Jose Luís Romero, responsable de Abanca Institucional.

ESPAZO DE COOPERACIÓN

”A economía azul trátase dun concepto creado recentemente pola Comisión Europea dentro da súa estratexia atlántica, que aposta pola economía marítima como un dos principais impulsores do crecemento do futuro de Europa” explicou o alcalde, Carlos Gómez. Desde o Concello quíxose crear un espazo de cooperación, discusión, formación e difusión sobre a economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea que tratará diversas temáticas transversais aos tres sectores representados: Turismo marítimo e de Costa, Pesca e Acuicultura e Biotecnoloxía Mariña, como a formación, o financiamento, o emprendemento, o cambio climático ou as oportunidades que ofrecen as rías galegas na economía azul.

“O proxecto en si, á fin e ao cabo, é un compromiso cos veciños e veciñas de Baiona e con Europa. Temos unha responsabilidade á hora de xestionar toda a nosa contorna natural. Empezaremos a sentar as bases da sustentabilidade do Concello de Baiona. Trátase dun proxecto inédito xa que ata o de agora non houbo preocupación dos anteriores gobernos por este tema”, remarcou Gómez.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade