Inicio Pontevedra Baixo Miño Rodrigo Conde e Manel Balastegui na final do Mundial e clasifícanse para...

Rodrigo Conde e Manel Balastegui na final do Mundial e clasifícanse para a Olimpiada de Tokio

Rodrigo Conce e Manel Balastegui na final do Mundial e clasifícanse para a Olimpiada de TokioRodrigo Conde, do Club Remo do Miño e Manel Balastegui, do Club Natacio Banyoles, componentes do Dobre Scull que representaba a España neste Mundial, acaban de facer historia ao ser os remeiros españois máis novos  en clasificar un bote para as olimpíadas en toda a historia do remo español.

Hoxe era o día sinalado para estes dous novos remeiros que disputaban as semifinais do Campionato do Mundo, e xogábanse o ser ou non ser na máxima categoría.

Xa foron campións do mundo sub-23 o ano pasado remando xuntos, e gañáronse o billete nas probas cos seus compañeiros de selección para ver quen representaba a España na categoría absoluta no mundial de Austria e o poder ter opcións para loitar por unha praza nas próximas olimpíadas. Pois xa o conseguiron. E de que forma tan espectacular. Saíron como o adoitan, ou tentan facer sempre, que é saír na cabeza. Ao pouco tempo lidero a proba a Republica Popular de China, pero, nunha impresionante final de regata, Italia conseguiría a cabeza seguida de España, e finalmente Polonia meteríalle a proa a China deixando a esta fóra da final, pero con opcións de clasificarse para a Olimpíada se na final “ B” conseguen ser os primeiros, xa que neste mundial clasifican sete Dobres Scull lixeiros para Tokio 2020.

Agora, sen presión, pode ocorrer de todo. Xa na final, Manel e Rodrigo, teñen dous mil metros que é a distancia da regata, para gozar e a ver o que se lles ocorre, xa que teñen o obxectivo cumprido e agora podémonos esperar calquera cousa.

Son a tripulación máis nova neste mundial, e teñen aínda moito percorrido por facer, e moitas alegrías que dar a todos os amantes deste deporte. “PARABÉN CAMPIÓNS” tédelo ben merecido.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies