Inicio Alto Minho A Bienal de Arte de Cerveira acolle as máis de 50 obras...

A Bienal de Arte de Cerveira acolle as máis de 50 obras do Certame de pintura Antonio Fernández 2019

A Bienal de Arte de Cerveira acolle as máis de 50 obras do Certame de pintura Antonio Fernández 2019As máis de 50 obras do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira, até a semana próxima.

A mostra, prevista inicialmente so para esta semana, inclúe as tres obras premiadas, estando a disposición das persoas interesadas o contacto dos autores para posibles compras.

O sétimo certame de pintura ao aire libre tivo lugar en Goián e Vila Nova de Cerveira o 18 de agosto pasado, dando a  oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e tamén de novas figuras procedentes de varios puntos da Península e Estranxeiro.

O Certame naceu no ano 2012 froito da programación do “Ano Antonio Fernández”, iniciándose unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada. Como novidade, este ano o evento ampliou o seu percorrido a Cerveira, formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño e grazas á participación da Fundación da Bienal de Arte. Deste xeito, ambas vilas foron retratadas polos artistas que visitaron ambos os dous municipios fronteirizos.

As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia de Goián, de Rafael Carrasco (Toledo) que se fixo co primeiro galardón. O segundo e terceiro premio foron para Leticia Gaspar (Bilbao) e para Antonio Lorenzo (Mondariz). O 1ºpremio estivo dotado con 1.500€ e financiado polo Concello de Tomiño, mentres que os dous seguintes (2º e 3º) con 500€, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e pola Fundación da Bienal de Cerveira, respectivamente.

O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández integra as actividades desenvolvidas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no ámbito da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto  cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

Datas da exposición: 27 de xullo a 7 de setembro de 2019

Horario:   martes a venres (terça a sexta-feira): 15h00 a 19h00

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies