spot_img
InicioGaliciaOito galegos no europeo de Kaiak Polo

Oito galegos no europeo de Kaiak Polo

Oito galegos no europeo de Kaiak Polo A cidade portuguesa de Coimbra, acolle por primeira vez no país luso, a décimo terceira edición dos Campionatos de Europa de Kaiak Polo, no que competirán oito deportistas galegos entre os máis de cincocentos que participan na cita continental.

A representación galega está liderada polo ferrolán Adrián Hermida (Piragüismo Vallehermoso Retiro) e o cangués Alejandro Casal ( RC Náutico Castelló) que terán a difícil tarefa de defender o título conquistado o ano anterior na localidade francesa de Saint- Omer. A eles hai que sumarlle os nomes das deportistas do Piragüismo Penedo-Te Importa, Ainhoa Castro e Eva Ara que competirán no equipo sénior, así como os deportistas Sub 21 Lorena Nieto, tamén do Penedo, Eva Torres ( Alberche Piragüismo), Lucas García (Copacabana) e Samuel Pardavila (Náutico Rodeira).

A competición que comeza hoxe para finalizar o domingo pola tarde, conta con dezaoito países que loitarán polas medallas nas categorías feminina e masculina absoluta e Sub 21. Ata Portugal desprazáronse os países de Austria, Bélxica, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Italia, Irlanda, Lituania, Países Baixos, Polonia, Portugal, Rusia, España, Suecia e Suíza. Quince son os equipos nacionais que pelexarán no evento masculino sénior, nove no sénior feminino, quince no masculino Sub 21 e dez en grupos de mulleres sub-21.

- Publicidade -spot_img