Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda reclama un parque infantil seguro para Concepción Arenal

A Guarda reclama un parque infantil seguro para Concepción Arenal

O pasado mércores  28 de agosto rematouse a instalación do parque infantil de Chan de Conde na rúa Concepción Arenal, na Guarda.

Entendendo que os elementos do parque tal como están instalados, nunha superficie inclinada, poden resultar inseguros, o alcalde da Guarda Antonio Lomba, mantivo contactos co promotor da obra, a Deputación de Pontevedra, e coa empresa que está a executala, para trasladarlle a súa preocupación e insatisfacción pola inseguridade e o acabado estético do parque.

Reclamou dos responsables da obra que tomen as medidas necesarias para certificar que o parque é seguro e cumpre coa normativa. De non ser así, instou a que fagan as actuación e correccións necesarias para que a instalación poda usarse polos máis pequenos con tódalas garantías.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies