Inicio Baixo Miño A Guarda Socorristas da Guarda participan nun simulacro de emerxencias

Socorristas da Guarda participan nun simulacro de emerxencias

Socorristas da Guarda participan nun simulacro de emerxenciasNa xornada deste xoves día 29 de agosto de 2019 os socorristas, que prestan os seus servizos nesta tempada estival nas praias guardesas, tiveron a oportunidade de facer unha práctica de salvamento moi importante para a súa formación.

Neste caso levouse a cabo un simulacro de emerxencias contando coa participación do Helicóptero Pesca1 do servizo de Gardacostas de Galicia.

Neste exercicio participaron 2 socorristas coa embarcación e o helicóptero Pesca1, simulando o rescate dunha persoa empregando un moneco, que foi lanzado á auga e despois rescatado e izado no helicóptero.

Os bañistas do areal do Muíño, na desembocadura do Río Miño, presenciaron asombrados este simulacro, que tivo unha duración aproximada de 20 minutos.

Dende o Concello da Guarda agradécese o traballo dos socorristas que prestan os seus servizos nos areais da vila, así coma a participación da equipa do Helicóptero Pesca1 con base en Vigo para poder realizar estes adestramentos, tan importantes para a formación dos socorristas en caso dunha emerxencia real.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies