A Praza da Peixería foi o primeiro gran edificio público construído en Vilagarcía de Arousas, antes incluso que a Casa Consistorial. Isto dá unha idea de ata que punto se consideraba fundamental a actividade comercial como complemento á portuaria.
A idea xurdiu en 1877 como un xeito de poñer certa racionalidade ao mercado de abastos, que ata entón se atopaba disperso por distintas prazas e rúas. Con todo, non foi ata 1881 cando se aprobou a construcción dunha “praza de Peixería e Carnes Mortas”, baixo proxecto do arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay. As obras foron recibidas en novembro de 1883.
Dunha soa nave e sinxela apariencia, a praza da Peixería posúe, un singular sistema de armaduras de ferro colgante sobre vigas do mesmo material. Originalmente a cuberta estaba ligeramente sobreelevada permitindo unha mellor iluminación do interior. Esta característica perdeuna na decada dos oitenta do século XX, cando foi sometida a rehabilitación.
Polas súas características arquitectónicas, a praza non sempre se dedicou á venda de peixes e carnes mortas.
O grupo de teatro universitario “La Barraca” que dirixia o poeta Federico García Lorca actuou nesta praza en 1932
Na súa época serviu de escenario para as primeiras proxeccións precinematográficas que empresarios ambulantes traían a Vilagarcía.
Tamén aquí actuou a compañía teatral “La Barraca”, que dirixía Federico García Lorca. Ata houbo un momento, en plena República, e unha vez que comezara a funcionar a nova praza de abastos, en que se suscitou a pposibilidade de reconverterla nun instituto de ensino medio, do que carecía a localidade arousana. O proxecto nunca chegou a callar e desde entón a praza, con altos e baixos, conservou o seu carácter de multiusos.
A Praza da Peixería é un fermoso exemplo da arquitectura de ferro propia de finais do século XIX. Ainda que como autor figura Faustino Domínguez, é probable que este só prestase a súa firma a un proxecto que en realidade faría e executaría o mestre compostelán Manuel Pereiro, principal responsable da alineación de rúas da “nova” Vilagarcía xurdida naquela época.
Cando o edificio se reflectía no mar…
A construcción desta praza non estivo exenta de polémica, xa que para situala onde está foi necesario ocupar “unha parte insignificante da praia”, como recoñecía a Corporación municipal da época.
Foi o primeiro dunha longa serie de recheos que, despois de oitenta anos, terminaron por modificar a línea de costa, borrando para sempre a forma de Cuncha que deu nome á praia. Pero mentres iso non sucedeu, durante anos a praza da Peixería reflectíase no mar como mostra a imaxe.
Texto elaborado a partir da información no panel de Oficina de Turismo