Organizado polos departamentos de Turismo e Mocidade, o Concello de Moaña presenta un amplo e completo programa para os próximos días 28, 29, 30 e 31 de outubro que inclúe teatro, música, obradoiros, magostos e moito máis
PROGRAMA COMPLETO
A CASA DO TERROR. Na cMo- Casa da Mocidade de Moaña.
Venres 28 de outubro de 17:00 a 21:00 CASA DO TERROR.
Todo o espazo estará decorado e poderedes vir disfrazados
( a partir de 8 anos. )
19:00 “Contos, castañas e telarañas” con Marta Ortiz
contos de medo e historias de defuntos.
Sábado 29 de outubro de 17:00 a 22:00 CASA DO TERROR.
Todo o espazo estará decorado e poderedes vir disfrazados
( a partir de 8 anos. )
17:00 a 22:00 Xogos Monstruosos, Música, Animación, Photocall…
18:00 a 20:00 Escape Room .Inscrición na cMo-Casa da Mocidade
presencial dende o 24 ao 28 de outubro. prazas limitadas.
20:00 a 22:00 Música: Sesión de SEBASTIAN BLACK
e Cócteles Terroríficos.
Luns 31 de outubro de 17:00 a 21:00 CASA DO TERROR.
Todo o espazo estará decorado e poderedes vir disfrazados.
( a partir de 8 anos. )
17:00 a 21:00 Xogos Monstruosos, Música, Animación, Photocall…
18:00 a 20:00 Concurso de Disfraces.
MAGOSTO-SAMAÍN. No Centro Sociocultural Castroviejo (Tirán)
Sábado 29 de outubro a partir das 18:00.
MAGOSTO POPULAR. No adro da peregrina (O Latón. A Guía. Meira)
Domingo 30 de outubro a partir das 18:00.
O PALCO DO SAMAÍN. Na contorna do Palco da música.
( en caso de chuvia no Pavillón da Xunqueira )
Luns 31 de outubro de 17:00 a 20:00. Zona decorada onde poder
asistir disfrazado ( idades de 0 a 8 anos. )
17:00 a 20:00 Xogos de samaín, pintacaras monstrosas…
19:00 Teatro de Rúa itinerante con
“O Estraño caso do Dentista da rúa Brasov”
da compañía Troula Animación por todo o longo do Paseo Marítimo.
TEATRO. No Salón de Plenos do Concello de Moaña.
Luns 31 de outubro. Narración Oral e Música ao vivo.
para público adulto de + 18 anos.
21:30 “Contos de Defuntos ( e outros asuntos)”
por Brais da Hortas.