spot_img
InicioVigo e áreaVigoA sétima edición do Festival de Cine Inclusivo homenaxea a Roberto Pérez...

A sétima edición do Festival de Cine Inclusivo homenaxea a Roberto Pérez Toledo

A sétima edición do Festival de Cine Inclusivo homenaxea a Roberto Pérez ToledoO evento cinematográfico arranca mañá no Auditorio do Concello cunha retrospectiva do director

Revista COUSAS DE Nº15

O cine salesianos foi hoxe o lugar elexido pola organzación para presentar a sétima edición do Festival de Cine Inclusivo que arranca este martes, ata o sábado 22, inclúe a proxección de 47 pezas audiovisuais en tres emprazamentos diferentes: o Auditorio do Concello, o Museo Marco e os Cines Salesianos.

No acto de presentación participaron: Teresa Barberena, Co-Directora do Festival de Cine Inclusivo de Vigo; Ana Laura Iglesias, Deputada da Deputación de Pontevedra; Abel Losada, Concelleiro de Cultura; Gonzalo Suárez, co-director do festival; Marta Fernández Tapias, Delegada da Xunta de Galicia en Vigo; e Igor de las Heras, Director de área de CaixaBank Vigo.

As proxeccións divídense en catro categorías a concurso e todas elas son de acceso libre ata completar aforo

No acto inaugural do festival, proxectaranse dous filmes do director Roberto Pérez Toledo: ‘Seis puntos sobre Emma’ (2011) e ‘Lugares a los que nunca hemos ido’ (2021) e se lle fará entrega, a título póstumo, do premio honorífico do festival ao director canario. Pérez Toledo, que faleceu este ano, quedou aos 14 anos en cadeira de rodas e é unha referencia do cine comprometido coa defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+.

As longametraxes ‘Norte salvaje’, ‘La palabra maldita’, ‘Alborada’ (realizado polo 40 aniversario da Asociación Alborada de Vigo) e ‘Onde máis doe’ compoñen a sección VIGIN Doc, de documentais internacionais pola inclusión. Mentres que a sección de ficción está formada polos filmes ‘A diente de perro’, ‘Mi vacío y yo’ e ‘Valentina’; esta última, gañadora do Goya de animación en 2021, proxéctase adaptada para persoas con autismo, grazas á colaboración de VenTea.

A proxección das curtas divídese en catro bloques. Por unha parte, o Museo Marco acolle o xoves a sesión de curtas arredor da discapacidade, todas elas subtituladas para persoas xordas. Mentres que o sábado o Auditorio do Concello acolle outros dous bloques: pola maña a sesión de animación para a cativada (tamén subtituladas para persoas con xordera) e pola tarde a mostra de curtas pola igualdade. Un dos actos centrais do festival é a sesión de curtas de ficción, todas elas subtituladas e audioescritas porque un dos obxectivos do festival é achegar o sétimo arte a tódalas persoas. Esta sesión terá lugar o sábado pola tarde no Auditorio do Concello; xusto antes de que se entreguen os premios de todas as categorías.

O evento tamén inclúe varias actividades fóra de concurso como a proxección de ‘Acero 5’, o documental autobiográfico no que Gonzalo Suárez, co-director do festival, conta como entrar no equipo de balonceso Amfiv cambioulle a vida, despois de quedar en cadeira de rodas por un accidente. Ou a sección Coñece! Dirixida a escolas. Mañá alumnos de primaria acudirán a proxección de ‘Valentina’ na que participará a directora da mesma, Chelo Loureiro. Ao día seguinte, alumnos de secundaria verán o filme ‘Her’. A proxección irá seguida dun coloquio con responsables da Asociación Érguete que falarán aos adolescentes da adicción ás pantallas.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VII Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), da Deputación de Pontevedra, do Concello de Vigo e de Fundación La Caixa

- Publicidade -spot_img