spot_img
InicioO SalnésArousaO xurado do premio Vilas en Flor visita a cidade para avaliar...

O xurado do premio Vilas en Flor visita a cidade para avaliar in situ a candidatura de Vilagarcía

O xurado do premio Vilas en Flor visita a cidade para avaliar in situ a candidatura de VilagarcíaTras o encontro co rexedor, a comitiva tiña previsto desprazarse a lugares como o Parque da Compostela, o Miguel Hernández, o Paseo de Canelas, e Parque da urbanización do Rial, a humanización da rúa Camilo José Cela e o parque da Coca a efectos de comprobar in situ as intervencións levadas a cabo nestes espazos.

Revista COUSAS DE Nº15

Vilas en Flor de Galicia é un programa posto en marcha polo colectivo Juana de Vega xunto coa Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería para promover a mellora integral do territorio e a paisaxe en Galicia, obxectivo principal da Fundación. Con este certame búscase amosar e poñer en valor a riqueza natural e paisaxística do territorio mediante o recoñecemento público de todos aqueles proxectos de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos que son un exemplo a seguir. En consecuencia, prémiase aos pobos e cidades que destacan por unha actuación real, consciente e a longo prazo en materia de axardinamento, medioambiente e mellora da calidade de vida dos seus habitantes.

Na edición de Vilas en Flor de Galicia 2021, o Concello de Vilagarcía foi galardoado con dúas Flores de Honra polo traballo realizado nos últimos anos a través de diversas iniciativas que poñen en valor a cidade a través de actuacións de xardinería e arte floral e que a converten nun lugar máis atractivo e agradable para vivir. O coidado e mantemento habitual das zonas verdes e espazos públicos, coas diferentes campañas de decoración floral que se levan a cabo en primavera, Nadal e verán, ou eventos concretos e multidisciplinares nos que a ambientación paisaxística teñen un peso relevante, como por exemplo os Xardíns Efémeros que se crean durante o Nadal para ambientar as rúas durante as festas, a decoración floral de rúas que se desenvolveu durante o certame EspaVila! ou a realizada durante a Semana da Mobilidade, son algúns dos exemplos que se inclúen na candidatura de Vilagarcía para a presente edición do concurso.

- Publicidade -spot_img