Na illa de San Sadurniño atópase unha das pegadas máis antigas coñecidas da presenza humana en Cambados
O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos. Construída na antigamente coñecida como a illa da Figueira, en tempo do bispo compostelán Sisnando I, na Alta Idade Media e reparada posteriormente polo arcebispo Xelmírez.
Por medio de fogueiras avisábase da chegada dos piratas á ría. A Torre da Lanzada enviaba o sinal de fume á Torre de San Sadurniño que o remitía á Torre de Cálogo en Vilanova de Arousa e esta, á súa vez, llo facía chegar ás Torres do Oeste en Catoira, pondo en estado de alerta e defensa a toda a comarca e a Santiago de Compostela.
A torre conservouse en bo estado ata o século XVIII, ainda que a princios do século XIX xa estaba en ruinas
Esta torre representa os restos do que antigamente fora unha fortaleza, que sería destruída polos rebeldes Irmandiños, e de novo reedificada por Gómez de Sotomayor ata o seu abandono. Xunto a ela, había unha capela, da que non quedan vestixios, coas imaxes de San Tomé, que lle deu nome á vila, e San Sadorniño, que lle deu nome á torre, conservadas na capela da Valvanera.
Esta defensa contra os ataques dos pobos viquingos e sarracenos valeulle para ser nomeada “Moi Leal Vila” polo rei Fernando II no s. XII, iniciándose entón un período de esplendor que queda reflectido na multitude de pazos que existen no municipio.
SÍMBOLO DE PODER
A torre foi reconstruída durante o século XII cando era propiedade do arcebispo de Santiago de Compostela, Diego Gelmirez. O arcebispo viuse obrigado a comprala, a risco de perder o control estratéxico das súas terras. Decidiu que a vella torre necesitaba arranxarse e reforzarse con tecnoloxía moderna. Creouse tamén un sistema de infraestrutura portuaria ao redor da torre que permitiu xerar algo de riqueza a través do comercio en Cambados.
Esta torre era un símbolo de poder e o lugar onde se establecía o señorío institucional, (con cárcere, aloxamientos de milicianos e xulgados). Ademáis, era o centro neuálxico da poboación
Durante o século XV, o reino de Galicia enfrontouse á rebelión dos campesiños, e a torre foi destruída durante as batallas da revolta de Irmandiño, entre 1466 e 1470. Foi comprada uns anos máis tarde polo irmán dun famoso rebelde galego, Pedro Madruga, quen a reconstruíu.
A Torre de San Sadurniño e só unha pequena parte da antiga torre monumental e un dos monumentos máis característicos de Cambados. Está situada na Illa de San Sadurniño, onde a terra circundante protéxea das perigosas ondas do Océano Atlántico e segue sendo visible dende á Ría de Arousa.
Fonte//TurismodeCambados