spot_img
InicioBaixo MiñoPerruquería de Goián fai calendario solidario e entrega ao Concello un talón...

Perruquería de Goián fai calendario solidario e entrega ao Concello un talón de 1.573 € para axudar ás familias con menos recursos

Manel Riveiro, propietario dunha perruquería de Goián (Tomiño), foi o impulsor dun calendario solidario, no que participou de forma altruísta máis dunha vintena de clientes, que fixeron as veces de modelos nas sesións fotográficas.

O custe correspondente á venda dos 500 primeiros calendarios (fixeron 1000) foi entregado onte ao Concello de Tomiño, para que este o reparta entre as familias máis necesitadas do municipio. A alcaldesa, Sandra González, acompañada pola concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, recibiu a doación, por importe de 1.573,00 euros, e agradeceu a labor de todas as persoas que fixeron posible esta axuda tan importante, que se dedicará a gastos de primeira necesidade, segundo explicou a rexedora.

Manel Riveiro Peluquer@s & Estética contou con moitos colaboradores; fotógrafos, estilistas, deseñadores gráficos e patrocinador. As fotos foron realizadas por Phototeca B&N de A Guarda; Cocktail de Ideas, de Vigo, tivo ao seu cargo o deseño gráfico, e o propietario de Procabelo, Manuel Ferreira, foi o patrocinador da fabricación dos calendarios.

comillasSeguen á venda nos mesmos puntos, outros 500 exemplares ao prezo de 3€ cada un

Manel Rivero, indicou que seguen á venda nos mesmos puntos (1) outros 500 exemplares ao prezo de 3 euros cada un. Asemade, o promotor da campaña, salientou a xenerosidade e espontaneidade da xente que fixo doacións, independentemente da compra do calendario.

(1) Puntos de venda:

PHOTOTECA B&N. Rúa Tomiño. A Guarda.

DON BRICO. A Guarda.

MANEL RIVEIRO PELUQUER@S & ESTETICA. Avda. Ordoñez (Goian. Tomiño).

CONFECCIONES ISABEL. Rúa Gondomar. Tomiño .

ADETO. (Oficina en Tomiño).

YOAPEL. Rúa Maristas. Tui.

COKTAIL DE IDEAS. Rúa Hispanidad. Vigo.

ACADEMIA ARTURO. Rúa Oporto. Vigo.

GASTON TATOORTLE. Rúa Manuel Lemos. Ramallosa.

Foto: De esquerda a dereita: Cristina Martínez, Brais Castro, alcaldesa, Manel Rivero e María García.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.