Inicio Pontevedra Inaugurada a reprodución do tímpano da Concatedral de Vigo elaborado pola Escola...

Inaugurada a reprodución do tímpano da Concatedral de Vigo elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

A Escola de Cantería da institución provincial foi a encargada de realizar e instalar esta peza que reproduce o tímpano orixinal do século XV que custodia o Museo de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Vigo, Abel Caballero, do bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza e do párroco da Concatedral de Vigo, Moisés Alonso, deron por inaugurada a reprodución do tímpano da Concatedral que elaborou a Escola de Cantería da institución provincial.

A presidenta provincial sinalou que “recuperar a nosa historia é fundamental para vivir o noso presente e encarar o futuro. Hoxe é un día inmensamente feliz para una viguesa que agora é presidenta de la Deputación”, dixo Carmela Silva

A réplica do tímpano, esculpida en granito silvestre mediante a técnica de fío de diamante, conta cunhas dimensións de 260x120x25 centímetros e 2,2 toneladas de peso e sitúase na porta dereita da Concatedral, dando acceso ó baptisterio. O alumnado da Escola de Cantería dedicoulle máis de 600 horas de traballo e recolle, como a orixinal que conserva o Museo de Pontevedra, imaxes da “Anunciación” e da “Adoración dos Reis Magos”.

Esta réplica inaugúrase despois da sinatura dun convenio entre a Deputación de Pontevedra e a Concatedral de Vigo para a colaboración na defensa do patrimonio histórico-artístico empregando, neste caso, os froitos do traballo do alumnado da Escola de Cantería, que conta na actualidade con máis de 40 persoas matriculadas. Ao respecto, Carmela Silva manifestou que “desde 1979 a Escola está a impulsar a recuperación e posta en valor dun dos oficios máis tradicionais da nosa terra, a cantería, e a conservar e recuperar o patrimonio histórico-artístico da nosa provincia no que a pedra, o granito, é un dos grandes protagonistas”.

O acto de inauguración da reprodución elaborada pola Escola de Cantería, que estivo tamén ilustrado por unha conferencia do historiador Javier Ocaña Eiroa sobre a traxectoria histórica do tímpano orixinal da Concatedral de Vigo, contou coa interpretación de pezas musicais no interior do templo do Cuarteto da Orquesta Vigo 430.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies