
Van 10 edicións nas que o Patos Surf club celebra o Nadal ao grande cos seus Papa Noeles surferos ,que cambian o tradicional abrigo, por traxes de licra de cor vermella.
Trátase dunha iniciativa do Patos surf club en colaboración co Concello de Nigrán, que leva xa 10 anos cumprindo con este rito para celebrar o Nadal e o peche da súa tempada deportiva.
Durante a festa do Nadal surfera, tamén se imparten cursos de surf e bodyboard gratuítos de todas as idades, así como unha pequena clase de iniciación ao Paddle Board.Co fin de promocionar o deporte e as actividades náuticas entre os veciños de Nigran. Este orixinal mergullo xa se converteu en toda unha tradición no municipio de Nigrán ,á que cada vez se apuntan máis amantes das ondas e porque ademais é unha xornada de achegamento gratuíto a este deporte.
Este ano celebraran a chegada do Nadal o vindeiro venres 23 de decembro ás 11.00h.
Irán todos á auga a surfear cun gorro de papa Noel e ao acabar haberá uns doces do Nadal e cola cao calentito.
Este ano colaboran cos servizos sociais de Nigrán, pedindo a cada participante que asista a esta xornada que traia 1Kg de alimento. A poder ser non perecedoiro (pasta, arroz, legumes, etc.). Tamén pode ser cacao, leite, doces do Nadal… ,calquera alimento será ben recibido.



