Inicio Pontevedra Baixo Miño Xunta, Deputación e Concello de Tomiño reúnense para tratar de levar adiante...

Xunta, Deputación e Concello de Tomiño reúnense para tratar de levar adiante a construción dunha variante ao núcleo urban do Seixo

xunta-deputacion-e-concello-de-tomino-reunense-para-tratar-de-levar-adiante-a-construcion-dunha-variante-ao-nucleo-urban-do-seixo

Tras a solicitude realizada polo Concello de Tomiño ante a Xunta de Galicia, para que esta, xunto á Deputación,  leven a cabo a construción dunha variante ao núcleo do Seixo, co fin de solucionar os problemas de tráfico, tivo lugar esta mañá en Pontevedra, a primeira reunión entre o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Asistiron tamén o deputado provincial e concelleiro tomiñés, Uxío Benítez, acompañado por un técnico, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

A alcaldesa de Tomiño, manifestou a súa satisfacción pola vontade amosada por parte dos representantes do goberno autonómico de buscar una alternativa ao cruce do centro urbano de Tomiño; “un proxecto estratéxico para o futuro do municipio”, segundo as palabras da rexedora. Esta advertiu que se trata dun proceso complexo, porque están implicadas tres administracións, pero asegurou que están sentadas as bases para dar os pasos previos  á redacción do proxecto.

A proposta de crear esta variante xurdiu dunha demanda que o goberno  municipal fixera  á Deputación en 2015, co fin de mellorar oss problemas de mobilidade e crecementono futuro do  núcleo urbano. A Deputación redactou un estudo para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo. Este estudo previo definiu como solución máis acaída a prolongación da EP-3102 a modo de variante ao Seixo, coa finalidade de conseguir unha conexión viaria eficaz entre a estrada provincial EP-3102 Tomiño–Sabarís e a estrada autonómica PO-344,  xa que na actualidade a  confluencia destas estradas ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo, soporta un volume de tránsito de vehículos que afecta o normal desenvolvemento da vida diaria e o desfrute do espazo público.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies