spot_img
InicioVal MiñorNigránO Presidente da FGB e o Alcalde de Nigrán clausuraron hoxe a...

O Presidente da FGB e o Alcalde de Nigrán clausuraron hoxe a III Edición do Torneo Solidario ‘Encesta un alimento’ do CB NIgrán

o-presidente-da-fgb-e-o-alcalde-de-nigran-clausuraron-hoxe-a-iii-edicion-do-torneo-solidarioi-encesta-un-alimento-do-cb-nigran

Rotundo exito do Torneo Solidario “Encesta un alimento” organizado polo CB Nigran en colaboración coa Federacion Galega de Baloncesto que vai xa pola súa terceira edición. O pabellon Municipal de Panxon acolleu durante dous días a centos de nenos e nenas que gozaron practicando o seu deporte favorito ao longo de dúas xornadas que tiveron ademais un importante carácter solidario xa que cada un dos xogadores e xogadoras que participaron achegaron alimentos non perecedoiros co fin de ser entregados ao Banco de Alimentos.

o-presidente-da-fgb-e-o-alcalde-de-nigran-clausuraron-hoxe-a-iii-edicion-do-torneo-solidarioi-encesta-un-alimento-do-cb-nigran

Mais de 48 horas de baloncesto, 65 equipos de Basket, 700 xogadores e xogadoras e máis de 2 toneladas de alimentos recollidas. Trátase do torneo máis grande organizado por este club de baloncesto nigranense que contou nesta ocasión coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e da Obra Social A Caixa, do mesmo xeito que con froitas Neves que xa colaborou na edición anterior achegando froita para todos os nenos participantes.

Desde a categoría baby, ata a categoría cadete, pasando polas categorías benjamín, alevín e infantil desfilaron polo polideportivo municipal diferentes clubs, colexios e escolas deportivas para disputar diferentes partidos e compartir dúas xornadas de deporte,solisaridad, convivencia e festa.

Os partidos foron arbitrados por colexiados da Federación Galega de Baloncesto e árbitros en formación que participaron de maneira voluntaria e desinteresada, do mesmo xeito que fixeron en edicións pasadas. Ademais dos encontros deportivos realizáronse ao longo dos dous días diferentes sorteos de agasallos achegados pola Federación Galega de Baloncesto, o club Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas, o Club Unami de Segovia e a tenda de deportes Área Sport de Nigrán.

Ao acto de clausura asistiron o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o alcalde de Nigrán xunto á tenente alcalde e o concelleiro de deportes e o director da Caixa Gonzalo do Pazo que fixeron entrega a cada neno participante dunha medalla achegada pola Fundación Obra Social A Caixa que acreditaba a súa participación no torneo xunto a unha bolsa de caramelos e gominolas achegadas polo concello de Nigrán.

Desde o Club Baloncesto Nigrán queren dar as grazas á FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO, Á OBRA SOCIAL A CAIXA, ao BANCO DE ALIMENTOS, Ao CONCELLO DE NIGRÁN E A FROITAS NEVES por facer feito posible o éxito deste Torneo, tanto no deportivo como no social .Dan as grazas tamén a todos os pais e nais do club que estiveron colaborando no pavillón durante os dous días de torneo, aos clubs por asistir, a l@s niñ@s por participar e a todas as súas familias por acompañalos.

A totalidade dos alimentos recolleitos serán entregados mañá ao ?Banco de Alimentos? co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas.

- Publicidade -spot_img