Inicio Baixo Miño A Guarda ORPAGU leva á feira internacional Seafood de Bruxelas o seu Atún de...

ORPAGU leva á feira internacional Seafood de Bruxelas o seu Atún de Anzol

ORPAGU leva á feira internacional Seafood de Bruxelas o seu Atún de Anzol Ademais dunha degustación das conservas, responsables da organización manterán distintos encontros empresariais para potenciar a súa comercialización

A Organización de Palangreiros Guardeses ( ORPAGU) desembarca na feira Seafood Expo Global, de Bruxelas, coa súa conserva de atún de anzol. A través da campaña “ Atún de Anzol. Artesanal. Saudable. Premium”, ORPAGU busca potenciar a comercialización das distintas conservas no mercado nacional e internacional. Para a promoción, a organización conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Despois do seu paso polo Salón Gourmets de Madrid, ORPAGU chega a Bruxelas para fomentar a comercialización da conserva nos seus tres formatos: ventresca, lombos e faragullas. Para iso, responsables da entidade pesqueira manterán reunións con empresas comercializadoras punteiras a nivel internacional. As reunións con cadeas de supermercados, canles horeca, espazos gourmet, etc, servirán para facilitar o posicionamento do produto nos seus lineais de venda.

Ademais, o mércores día 8, no marco da feira, ORPAGU ofrece unha degustación das súas conservas de atún de anzol na caseta que a organización ten no espazo @de la Xunta de Galicia (Hall 7).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies