spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda incrementa o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués...

A Guarda incrementa o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa

Increméntase notablemente o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués da CostaDende fai meses o Camiño Portugués da Costa ao seu paso por A Guarda, punto de entrada de peregrinos procedentes de Portugal, continua incrementando notablemente o número de peregrinos que empregan esta ruta.

Cada día centos de peregrinos cruzan o río Miño na súa peregrinación a Santiago, algúns deles continúan a súa etapa ata Oia, pero tamén hai unha amplo número deles que deciden pernoctar nos hoteis de A Guarda e tamén no albergue municipal de peregrinos.

Unha boa mostra do continuo crecemento do camiño son os 373 peregrinos que pernoctaron no albergue no mes de abril, unha cifra que case duplica ás do ano pasado.

O perfil do peregrino é moi variado, algúns realizan etapas de máis de 20km e outros etapas máis cortas para gozar das paisaxes, do patrimonio e da excelente gastronomía galega.A Guarda incrementa o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa

En canto á procedencia dos peregrinos cabe destacar que tamén existe unha ampla variedade, cunha alta porcentaxe de estranxeiros. No pasado mes de abril houbo un número considerable de peregrinos procedentes de países coma Alemaña ou Polonia, pero tamén de Suecia, Hungría, Dinamarca, entre outros. Tamén é de gran interese que nos visiten peregrinos de países tan afastados coma a India, Canada, Rusia ou Corea, o que denota a importancia que ten o Camiño de Santiago a nivel internacional.

Aínda que a tendencia neste ano é un incremento dos peregrinos españois, que elixen A Guarda para iniciar a súa peregrinación a Compostela.

- Publicidade -spot_img