Inicio Pontevedra Baixo Miño O motor foi o protagonista esta fin de semana coa XII Subida...

O motor foi o protagonista esta fin de semana coa XII Subida a Oia

O motor foi o protagonista esta fin de semana coa XII Subida a OiaÉxito de participación e de afluencia de público na cita do Baixo Miño, puntuable para o Campionato Galego de Montaña 2019

Esta fin de semana o motor foi o protagonista no concello, que acolleu a XII edición da Subida a Oia. Trátase da única proba deste tipo na comarca do Baixo Miño e é puntuable para o Campionato Galego Montaña 2019.

Un ano máis, a proba organizada pola Escudería BM de Torroña foi un éxito de participación (con cerca dun centenar de inscritos) e tamén de afluencia de público, congregando a afeccionados procedentes de distintos puntos de Galicia nas xornadas do sábado e máis do domingo.

Clasificación final

En canto á clasificación final de non carrozados, quedou primeiro o piloto Alexis Vieitez Losada (da escudería Buxa Motor Poio e cun vehículo Fórmula Outeda), segundo Pablo Rey Pérez (da escudería T. Martínez Racing e cun coche Fórmula Outeda), mentres que Martín Villar Bangueses (da escudería Outeda Racing e cun vehículo CM BRC 05 Evo) quedou en terceiro lugar.

Por outra parte, na categoría de carrozados, o primeiro posto foi para Alberto Meira Fernández (da escudería Recalvi Team, cun Citroën DS3 R5) e o segundo posto para Manuel Senra Caamaño (da escudería Senra Sport, cun Peugeot 306 Maxi) e terceiro Jorge Pérez Alonso (da escudería Barbadas, cun BMW M3 E30).

A XII Subida a Oia está organizada pola Escudería BM e conta coa colaboración de diversas entidades e institucións, entre elas o Concello de Oia. Tamén contou coa colaboración da Asociación de voluntarios de Protección Civil de O Rosal e a Asociación Vodea de Vigo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies