spot_img
InicioBaixo MiñoA Catedral de Tui acolle unha exposición sobre os 350 anos da...

A Catedral de Tui acolle unha exposición sobre os 350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

A Catedral acolle unha exposición sobre os 350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de GaliciaA Catedral de Tui acolle unha exposición sobre os “350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral de Lugo” na que participan as capitais do Reino de Galicia, entre elas a cidade de Tui

O colectivo Egeria, co apoio @de la Xunta de Galicia, preparou para o Centro Eucarístico Lucense e a Catedral de Lugo, a exposición ‘350 anos da ofrenda do antigo reino de Galicia a Jesús Sacramento na Catedral de Lugo’, con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoctava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia

A mostra está composta por 12 paneis dobres -galego por unha cara e castelán pola outra-, ten un carácter itinerante, visitando, nunha primeira etapa, as cidades do Antigo Reino, comezando na Catedral lucense este percorrido que despois continuou en Ourense e agora chega a Tui.

Cada un dos paneis reflicte un aspecto deste proceso de tres séculos e medio, que comeza coa exposición desta singular historia, a inmemorial devoción polo Santísimo na cidade de Lugo, o antigo Reino de Galicia, o Memorial co que se iniciou o proceso, a escritura do donativo do Reino, a Ofrenda nos séculos XVIII, XIX, XX e XXI, Lugo como a Cidade do Sacramento, a devoción reflectida na heráldica e a perspectiva de fronte ao futuro desta ‘chama que non se apaga’.

A exposición, que foi dirixida por Julio Xiz, coordinada por Antonio Giz, e conta coa asesoría histórica de Marcos Cales, compleméntase con fotografías e gravados alusivos a estes 350 anos de historia, e unha antoloxía de textos poéticos -cada panel, un poema- sobre o Santísimo, con obras do Licenciado Molina, Valentín Lamas Carvajal, Angel Johán, Díaz Castro, Calderón da Barca, Angel Garrote, Luís Romero Porras, Manuel Rodríguez López, Enrique Saavedra Lastra, Evaristo Correa Calderón e María Rosa de Vega Araújo.

A exposición pode contemplarse na Capela das Reliquias da Catedral tudense esta primeira quincena do mes de maio e foi inaugurada esta mañá nun acto presidido polo Deán da nosa Catedral xunto ao concelleiro de cultura tudense e un representante da delegación territorial @de la Xunta de Galicia.

Fuente//Amigos da Catedral de Tui

- Publicidade -spot_img