spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Terceiro Encontro Provincial pola Inclusión ten aberto o prazo de inscrición...

O Terceiro Encontro Provincial pola Inclusión ten aberto o prazo de inscrición ata o xoves 26 de outubro

Deputación-Pontevedra-concede-16.600-euros-4-asociaciones-colectivos-Val-Miñor-Baixo-MiñoA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta mañá en rolda de prensa a terceira edición do Encontro Provincial pola Inclusión, que terá lugar en Pontevedra os días 29 e 30 de outubro.

Tal e como sinalou, “nesta terceira edición volveremos a ter unha xornada técnica, que terá lugar o vindeiro luns 29 de outubro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, e unha xornada de convivencia que se organizará no Pavillón do Centro Príncipe Felipe o martes 30 de outubro.”

Carmela Silva explicou que “o encontro está encamiñado a reflexionar e resaltar o papel e o esforzo das persoas con diversidade funcional, ademais de darlle visibilidade ao traballo que diferentes entidades da provincia de Pontevedra desenvolven neste ámbito”. Amais, tamén detallou que o prazo de inscrición estará aberto desde hoxe ata as 15.00 horas do vindeiro xoves 25 de outubro. As persoas interesadas poderán anotarse ao evento a través da web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/encontro-pola-inclusion), podendo asistir só 100 persoas á xornada técnica e 250 á de convivencia.

Durante a súa intervención, a presidenta da Deputación de Pontevedra apuntou que “o obxectivo deste encontro é crear un espazo de aprendizaxe, intercambio e inspiración que promova a igualdade e a inclusión das persoas con calquera tipo de diversidade funcional e que expoña novas formas de participación, co obxectivo final de acadar unha provincia inclusiva e diversa e de darlles voz a todas as persoas”.

En canto á xornada técnica as e os asistentes poderán desfrutar de intervencións dinámicas, exposicións e actuacións a través das cales abordaranse distintas cuestións relacionadas coas persoas con diversidade funcional, xerando un espazo onde expoñer boas prácticas dun xeito creativo. Tal e como sinalou Carmela Silva “esta xornada vai dirixida a traballadoras e traballadores sociais, educadoras e educadores sociais, persoal técnico das entidades de iniciativa social e sociosanitaria, profesionais de entidades relacionadas, profesionais do ámbito dos recursos humanos, da xestión de persoas e do desenvolvemento persoal e profesional, orientadoras e orientadores laborais e persoas con interese en estratexias de inclusión, sensibilización e diversidade.”

Pola súa banda, a xornada de convivencia será unha xornada lúdica á que asistirán persoas relacionadas con organizacións e entidades que desenvolven o seu labor no ámbito da inclusión e da igualdade, familias e público xeral. Sobre ela, Carmela Silva detallou que “haberá exposicións de carteis, produtos artesanais e mostras de traballos de diferentes asociacións, un contacontos, un espectáculo de maxia e humor e diferentes actividades que alongaranse durante toda a mañá do martes 30 de outubro”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.