spot_img
InicioVal MiñorGondomarO gondomareño Joel Ribeiro Díaz, medalla de prata no campionato de España...

O gondomareño Joel Ribeiro Díaz, medalla de prata no campionato de España de Patinaxe Artística

O gondomareño Joel Ribeiro Díaz, medalla de prata no campionato de España de Patinaxe ArtísticaO gondomareño Joel Ribeiro Díaz, medalla de prata no campionato de España de Patinaxe Artística de Alevín e Infantil.

O LXVIII Campionato de España de Patinaxe Artística de Alevín e Infantil tivo o seu encontro en Santander, concretamente no Pavillón exterior do complexo Municipal Ruth Beitia, os días 18,19 e 20 de Outubro de 2018.

Subiron ao podio dous patinadores galegos do máis alto nivel, Unay Cereijo e Joel Ribeiro, campión e subcampión en categoría alevín masculino respectivamente. JOEL RIVEIRO, patinador do “Club de Patinaxe artística Gondomar” conseguiu ser subcampión de España de patinaxe artística grazas aos seus duros adestramentos e as longas horas de tesón e esforzo xunto ao seu adestrador David Figueroa, quen o apoia e instrúeo no deporte que aman.

O “Club de Patinaxe Artística de Gondomar” tivo a súa representación en diferentes categorías, conseguindo subir ao podio Joel Ribeiro, o novo pero gran patinador saíu a pista con inmensa entrega que demostrou nos seus programas, tanto no curto como no longo.

Os duros adestramentos co seu director técnico de patinaxe David Figueroa, deron o seu froito, gozando así desta medalla de prata, a cal selou a súa traxectoria ascendente na actual temporada de patinaxe artística.

- Publicidade -spot_img