spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA Casa da Cultura de Redondela, acolle unha charla-coloquio sobre a figura...

A Casa da Cultura de Redondela, acolle unha charla-coloquio sobre a figura de Jella Lepman

A Casa da Cultura de Redondela, acolle unha charla-coloquio sobre a figura de Jella LepmanO próximo 26 de outubro, como conmemoración do Día da Biblioteca, celebrarase na Casa da Cultura de Redondela, ás 20:30 h.,  unha charla-coloquio sobre a figura de Jella Lepman, organizada polas Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración da Asociación de Amigos das mesmas.

A conferencia estará impartida por Teresa Zataraín , xornalista e editora da viguesa editorial Creotz e responsable da edición e tradución española de “Un puente de libros infantiles”, autobiografía de Jella Lepman, por cuxa tradución e publicación  foi convidada polo goberno alemán  a participar, neste mes de outubro,  na Feira de Frankfurt, a maior feira comercial de libros do mundo

Jella Lepman, é unha muller moi descoñecida; escritora e xornalista alemá de orixe xudea, xusto antes da II Guerra Mundial, viu como ardían na fogueira infinidade de libros. Lepman fuxiu de Alemaña cos seus fillos e comezou unha nova vida en Inglaterra. Ao termo da guerra, regresou ao seu país para traballar coas mulleres e os nenos en valores de liberdade e democracia. Lepman atopou unha Alemaña devastada, pechada en si mesma, e comprendeu a urxente necesidade de abrir a mirada dos nenos e mozos ao mundo exterior a través dos libros.

Os seus proxectos máis inesquecibles: a creación da Biblioteca Internacional da Mocidade en Múnic,  a fundación do IBBY, Organización Internacional para o  Libro Xuvenil e a promoción do premio Hans Christian Andersen, considerado o Nobel da literatura infantil

Máis información:

http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/10/unha-ponte-de-libros-infantis-jella.html

- Publicidade -spot_img