·Publicidade ·spot_img
InicioO SalnésArousaO sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola achega aos centros de ensino o...

O sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola achega aos centros de ensino o seu proxecto de relevo xeneracional

centros de ensino o seu proxecto de relevo xeneracionalOs Galp Ría de Vigo – A Guarda, Galp Ría de Pontevedra, Galp Ría de Arousa, Galp Golfo Ártabro Sur, Galp Golfo Ártabro Norte e GALP A Mariña Ortegal promoven un proxecto de carácter formativo e divulgativo co que pretenden trasladar ao alumnado de centros de ensino de secundaria, as posibilidades que ofrece o sector na nosa comunidade.

Entre os seus obxectivos atópanse

-Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores.

-Valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo.

-Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.

O programa divídese en tres bloques principais de contidos que conforman o programa do proxecto:

  1. a) PESCA E ACUICULTURA
  2. b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
  3. c) TURISMO

Dentro de cada un destes bloques haberá unha serie de contidos que se abordarán de xeito ameno e dinámico nas aulas, ben a través de sesión de formación e divulgación ou ben mediante a visita de diferentes persoas profesionais do sector.

O EQUIPO DOCENTE

O proxecto conta cun equipo de docentes, profesionais do eido da oceanografía e con ampla experiencia na realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos.

Ademais contarase na súa execución con profesionais do sector pesqueiro e con entidades de relevancia dentro do mesmo e no sector da formación que aportarán a súa experiencia e profesionalidade ao proxecto e en beneficio do alumnado participante.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Pódese acceder á web do proxecto relevo2.org ou contactar directamente coa oficina do GALP. O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies