spot_img
InicioBaixo MiñoSusana Rodríguez e Gustavo Rodríguez, oro e prata nos Xogos Paralímpicos de...

Susana Rodríguez e Gustavo Rodríguez, oro e prata nos Xogos Paralímpicos de Toquio

Susana Rodríguez e Gustavo Rodríguez, oro e prata nos Xogos Paralímpicos de ToquioOnte pola noite volvemos gozar do tríatlon da man dos galegos Susana Rodríguez e Gustavo Rodríguez. Fixéronnos vibrar durante toda a proba e conseguiron ser máxicos nos Xogos Paralímpicos Tokio 2020.

Susana Rodríguez segue sorprendendo cada día polos seus éxitos e sempre o dá todo para conseguir a vitoria. Despois de duros adestramentos co seu guía Sara Loehr, chegaron a Tokio nas mellores condicións e conseguiron a medalla de ouro do traballo e a constancia.

O triatleta tudense Gustavo Rodríguez, como guía de Héctor Catalá, conseguiu esta madrugada a medalla de prata na modalidade de tríatlon para persoas invidentes, unha modalidade na que  son actualmente  os campións do mundo.

Susana Rodríguez e Gustavo Rodríguez, oro e prata nos Xogos Paralímpicos de Toquio

Gustavo sempre da man do seu compañeiro Héctor Catalá, traballaron moi forte durante estes últimos anos para chegar en plena forma a esta proba. Sempre loitando para estar entre os primeiros, fixeron unha remontada magnífica e conseguiron un excelente segundo lugar que os converte en prata olímpica.

O triatlón PTVI conta de 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a de carreira a pé 

Gustavo Rodríguez será o oitavo olímpico tudense. Súmase así a listaxe de deportistas do concello de Tui que participaron en distintos Xogos Olímpicos nos últimos anos:  Enrique Míguez, que polo momento foi o único que conseguiu medalla, participou en Los Angeles 84, Seul e Barcelona 92; Pedro Areal en Barcelona 92 e Sydnei 2000; Jacobo Moroño e Jose Ignacio Bugarín en Barcelona 92; Suso González en Atenas 2004; Fran Casañas en Londres 2012 e Óscar Carrera en 2016. fotos//Deporte Galego

- Publicidade -spot_img