·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaMáis de 1.100 persoas participaron das rutas e actividades medio ambientais e...

Máis de 1.100 persoas participaron das rutas e actividades medio ambientais e turísticas desenvolvidas no último ano en Redondela

Máis de 1.100 persoas participaron das rutas e actividades medio ambientais e turísticas desenvolvidas no último ano en RedondelaA Concellería de Medio Ambiente e a de Turismo poñen en valor esta cifra sobre todo en tempos de pandemia e tendo en conta que os grupos foron reducidos

Máis de 1.100 persoas teñen participado das rutas e actividades de eco turismo desenvolvidas desde agosto do 2020 pola Concellaría de Medio Ambiente e a Concellaría de Turismo. Segundo un balance actualizado a data de hoxe, só a ruta das algas acumulou máis de 350 visitantes.

Segundo Roberto Villar, “estas cifras son especialmente boas se temos en conta que se trata dun ano especialmente duro, pola pandemia, e no que os grupos podían ser como máximo de 20 persoas máis o guía”.

Entre as propostas de Medio Ambiente e de Turismo destacan todas aquelas vinculadas con dar a coñecer a Rede Natura 2000 e lugares descoñecidos como a ruta dos Muíños e a que se achega aos tesouros agochados do río Prexegueiro. Tamén as rutas nocturnas destinadas a divulgar todo o patrimonio inmaterial de Redondela gozaron dun gran éxito, contando moitas delas con lista de agarda.

Paseos en kayak, en bici e os obradoiros medioambientais completan a oferta da concellaría de Medio Ambiente neste último ano. Segundo destaca Villar, “nestas actividades que comezamos nós a realizar recibimos visitantes no só de Redondela senón de moitas outras localidades polo que, ademais, teñen sido un importante motor económico para a hostalaría da zona”.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies