Inicio Baixo Miño O Piragüismo Penedo vencedor en Mondariz na primeira proba do ano

O Piragüismo Penedo vencedor en Mondariz na primeira proba do ano

O Piragüismo Penedo vencedor en Mondariz na primeira proba do anoEste domingo disputouse no concello pontevedrés de Mondariz a 1ª Copa Galega de Slalom Olímpico 2021 para as categorías infantil, cadete, xuvenil e senior. O río Tea presentaba un bo caudal de auga, no que todos os participantes puideron mostrar as súas habilidades para sortear os distintos obstáculos.

Esta primeira competición do ano terminaba co Piragüismo Penedo como vencedor con 256 puntos, o segundo lugar sería para o Club Deportivo Miño con 178 puntos, mentres que o Club Tea de Mondariz terminaba terceiro con 112 puntos.

O Piragüismo Penedo vencedor en Mondariz na primeira proba do ano

Polo que representa ás clasificacións individuais, a primeira clasificada na categoría muller infantil K1 sería Sara Fernández (CP Municipal Dumbría), Nerea Gutiérrez (Montaña Quixós) segunda e terceira Aroa López (CP Municipal Dumbría). Os tres primeiros postos masculinos foron para Xesús Pena (CP Municipal Dumbría), Jacobo Rodríguez (Montaña Quixós) e Pablo Alfaya ( Tea Mondariz).

Noa Díaz (Montaña Quixós) e Paula Ricón (Penedo) terminaron en primeiro e segundo lugar da categoría muller cadete K1, ademais Ricón conseguiría a vitoria na modalidade de C1. Pola súa banda, Valentín Varela (Penedo), Santiago Alfaya ( Tea Mondariz) e Martín Fernández (CP Municipal Dumbría) completaban o podio masculino.

O Piragüismo Penedo vencedor en Mondariz na primeira proba do ano

As tres primeiras clasificadas da xeral en K1 senior foron Ainhoa Barreiro (Deportivo Miño) que se impuxo á súa compañeira de equipo Alba Soutelo e a Patricia Queiros da federación portuguesa. As tres primeiras posicións masculinas ocupábanas Axel Afonso ( Tea Mondariz), Manuel Ochoa (Deportivo Miño) e Borja González (Penedo).

Doutra banda, Ainhoa Lameiro (Penedo) facíase coa medalla de ouro en C1 muller senior, por diante de Alba Soutelo e Ainhoa Barreiro. En homes, Daniel Pérez (Penedo) debutaba neste 2021 con triunfo, por diante de Borja González e José Carvalho da federación portuguesa.

Na categoría xuvenil, Samuel Castro (Deportivo Miño) foi primeiro en C1, sendo segundo Joaquín Tajes (Penedo). Os tres primeiros postos en K1 serían para Sergio Rodríguez (Deportivo Miño), Darío e Guillermo Míguez do Tea de Mondariz.

Aarón Gonzalez (Penedo) impoñíase en C1 cadete, onde Valentín Varela ocupaba a segunda posición e Efrén Álvarez (Montaña Quixós) lograba a terceira praza do podio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies