Inicio O Condado Ponteareas entrega os premios do I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal

Ponteareas entrega os premios do I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal

Ponteareas entrega os premios do I Concurso de Relatos Ilustrados de NadalO xurado destaca a alta participación e o alto nivel dos traballos

A Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Comercial Banastra organizou o I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal, ambientados en Ponteareas.

O concurso que contaba con tres categorías contou cunha ampla participación: 23 relatos na categoría adulta, 10 en categoría xuvenil e máis de 30 na categoría infantil.

O xurado, formado pola escritora María Lado, polo xornalista e escritor Manrique Fernández e polo catedrático de debuxo Berto Álvarez, salientou a calidade e o esforzo das e dos participantes por establecer unha simbiose entre os textos e as ilustracións que os acompañaban, sobre todo na categoría adulta.

Ante o nivel dos relatos, na categoría adulta, decidíuse dar un accésit.

CATEGORÍA INFANTIL

1º Premio: Roi Lamela Rodríguez co relato “Papá Noel e os toques de queda”

2º premio: Iria Barros Rodríguez co relato “Concurso de debuxos”

3º Premio: Zoe Rivas Rosende co relato “As Chamas”

CATEGORÍA XUVENIL

1º Premio: Lidia Martínez Pérez co relato “Un regalo de valor incalculable”

2º premio: Rebeca Núñez Álvarez co relato “Relato”.

3ºpremio: Yanira Pérez Fernández co relato “A lenda do home de vermello”

CATEGORÍA ADULTOS

1º Premio: Isabel Blanco co relato “Cea de Nadal”

2ªPremio: Alexandro Bouzo Otero co relato “Lupus”

3º Premio: María José Pérez Rodríguez co relato “A segunda oportunidade”

Áccesit: Tere Ríos co relato “Uxía debuxa o Nadal”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies