spot_img
InicioVigo e áreaVigo"Silverio Rivas. Mente e Materia", unha exposición para gozar do talento do...

“Silverio Rivas. Mente e Materia”, unha exposición para gozar do talento do escultor de Ponteareas

"Silverio Ruiz. Mente e Materia", unha exposición para gozar do talento de Silverio RivasEsta exposición estaba previsto que finalizara o pasado 31 de outubro, pero por mor da pandemia, decidiouse ampliar as datas ata o vinderio 17 de xaneiro.

Nun ano especialmente complicado para a cultura, Silverio Rivas. Mente-materia, instalada na planta baixa da Casa dás Artes, é sen dúbida, a mellor exposición que se puido ver os últimos meses e da que aínda podemos gozar en Vigo ata o próximo día 17.

Comisariada por Javier Pérez Buján, o proxecto ofrece unha cartografía da traxectoria do escultor nado en Ponteareas, «partindo dunha estudada ocupación do espazo, estruturado a partir das tensións provocadas pola utilización de diferentes escalas, texturas, orientacións e cromatismos que van modulando o ritmo do seu percorrido».

"Silverio Ruiz. Mente e Materia", unha exposición para gozar do talento de Silverio RivasA Casa dás Artes de Vigo ofrece ata o 17 de xaneiro unha exposición que resume parte do talento de Silverio Rivas (Ponteareas, Pontevedra, 1942), un mago das formas, especialmente coñecido en Vigo pola escultura da Praza de América “Pora do Atlántico”

O traballo de Silverio Rivas obedece a unha necesidade de explicar o mundo a partir da comprensión da materia. Nel conflúen dous factores complementarios. Por unha banda, un profundo coñecemento das técnicas e os materiais, é dicir, o oficio; e por outra, unha curiosidade insaciable acerca do sentido das cousas, é dicir, a actitude.

"Silverio Ruiz. Mente e Materia", unha exposición para gozar do talento de Silverio Rivas

Estes dous elementos obedecen a unha inclinación natural de coñecer e crear mediante a transformación, nun movemento dialéctico entre o existente, as posibilidades de cambio e o resultado final que o levaron a ser un pioneiro da abstracción no contexto da escultura galega.

Mente / Materia ilustra esta inquietude a través dunha selección de obras –algunhas moi coñecidas e outras inéditas– realizadas nos diferentes materiais cos que leva traballando nos últimos cincuenta anos. Ideas opostas como gravidade / levidade; baleiro / cheo; interior / exterior; xeométrico / orgánico, van configurando un corpus artístico que atopa a súa razón de ser na exploración dos límites expresivos e plásticos, evidenciando un pensamento utópico que xera novas relacións entre obxecto e suxeito."Silverio Ruiz. Mente e Materia", unha exposición para gozar do talento de Silverio Rivas

Malia que non ten unha formulación cronolóxica, a exposición ofrece unha cartografía da súa traxectoria, partindo dunha estudada ocupación do espazo, estruturado a partir de tensións provocadas pola utilización de diferentes escalas, texturas, orientacións e cromatismos que van modulando o ritmo do seu percorrido.

Mente / Materia proponse como unha síntese, das moitas posibles, da prolífica obra de Silverio Rivas, nun momento de madurez no que cómpre observar con atención a súa aportación á arte do noso tempo.

BIOGRAFÍA

Iniciou os estudios na Escola de Artes e Oficios de Vigo que continou na de Madrid. Durante dous anos traballou no taller do escultor Francisco Barón. En 1979 establécese en París, onde expón a súa obra, así como en Bélxica e Holanda. En 1970 concorre á Bienal de Pontevedra. Expón por primeira vez en Galicia na sala de Caixavigo. Participa na mostra de “Arte xove de Galicia”, que organiza o Museo Carlos Maside de Sada, A Coruña, realizando diversas experiencias ó longo dos anos oitenta no laboratorio deste. Formou parte do colectivo de artistas e intelectuais do Grupo Atlántica que durante a década dos anos 80 reactivaron a plástica galega.

A súa obra percorre España e salta a Inglaterra e Alemaña. Participa en importantes colectivas e en 1990 realiza unha obra de grandes dimensións para a Praza de América en Vigo, exemplo de sinxelexa do concepto e de plasticidade, que tallou directamente en granito do Porriño. Está representado en museos de Galicia, noutros de provincias de España e mais en importantes coleccións institucionais. Silverio Rivas é un informalista que traballa indistintamente a pedra, a madeira e o bronce, aínda que é con esta última materia coa que mellor se expresa. Razoante, conceptual, os seus volumes articulados son moi suxerentes, en xogos de curvas e ángulos que adoptan diferentes morfoloxías. Sempre é iconoplasta, xeometrizante, con influencias de Brancusi. Fuente Fundación Abanca

Silverio Rivas con Ánxel Huete, Román Pereiro e Carlos de la Peña, en Baiona en xuño de 2020

GRUPO ATLÁNTICA

En España a transición democrática e os seus consecuentes cambios socio-políticos trouxeron consigo unha efervescencia creativa pouco común en todos os ámbitos da cultura: artes plásticas, teatro, música, arquitectura, medios audiovisuais, literatura, etc. Foron tempos de frenética actividade política e cultural que modificaron profunda e definitivamente os hábitos sociais dos españois, alcanzándose unhas cotas de consumo cultural non coñecidas ata a data.

Atlántica: 40 anos do grupo que revolucionou o mundo da arte en Galicia

Vigo non se mantivo alleo a este proceso, manifestándose como unha das urbes máis activas e creativas de Galicia e de España. No ano 1980, tivo lugar un evento que se enmarcou neste contexto: o nacemento de Atlántica, un colectivo de artistas e intelectuais unidos por unha vontade común de renovación, que traballaban cun enfoque creativo radicalmente innovador e integrador co resto do mundo, cuxas obras lograron transcender a escala española e internacional.

A comezos da década dos oitenta, artistas novos vigueses e pontevedreses, como Monroy, Ánxel Huete, Antón Patiño e Menchu Lamas van madurando o proxecto de dar un empuxe á arte moderna desde Galicia. Nese núcleo naceu a idea do Grupo Atlántica que reivindicaba a cultura atlántica e abriu a pintura galega ás correntes internacionais, no que participaban, ademais, xente como Baixeras, Correa Corredoira, Armando Guerra, Goyanes, Silverio Rivas, Basallo, Manuel Moldes, Manuel Ruibal, Mon Vasco, Mantecón, Lamazares, Leiro, etc e que contou co apoio do crítico de arte Roman Pereiro.

- Publicidade -spot_img