No barrio nigranés da Cabreira na Ramallosa, atopámonos cun enclave arquitectónico cargado de historia e liñaxe. Trátase do Pazo de Pías, que actualmente funciona como albergue, hospedaría, lugar de recollemento e no que até fai escasos tres anos amparaba a orde das Damas Apostólicas. Na actualidade continua pertencendo ao Instituto Relixioso Apostólicas do Corazón de Xesús que o adquiriu por doazón de Dona Ramona Diéguez Cervela cara a 1950.
A edificación orixinal data do século XVII e foi erixida por Don Félix Correa Alemparte, escribano de Baiona e membro do Santo Oficio. O conxunto foi obxecto de numerosas remodelacións que o desvirtuaron do seu espírito orixinal, a primeira despois da invasión portuguesa no Val Miñor que se saldou co saqueo e incendio do mesmo en 1665, testemuña diso é a fachada orixinal que se conserva no patio interior, seguido da entrada principal. Posteriormente e despois de que fose cedido á orde eclesiástica anteriormente mencionada, ésta levantou varios edificios anexos. O primeiro, de 1960, que foi destinado á casa de exercicios e o segundo, dez anos despois, utilizado como escola fogar e que encóntrase orientado cara ao norleste do complexo. A nave orixinal está atravesada por un túnel, algúns contan que se utilizaba como pasadizo de huída aínda que si que é certo que funcionaba como canle de regadío, na actualidade está intransitable. 
Terreo e extensión
O terreo do que goza o pazo posúe 13000 metros cadrados de extensión aínda que o seu tamaño orixinal era moitísimo maior, contan as historias populares que chegaba ata a actual ponte da Ramallosa. Así mesmo conta cunha superficie construída de 3500 metros cadrados. O conxunto posúe un lavadoiro, varios xardíns e un hórreo de dous pisos construído en pedra así como varios pozos, todo iso contemporáneo á primeira construción. 
Heráldica
Este enclave foi testemuña dunha intensa vida nobiliaria polo que pasaron e residiron membros muy influintes na sociedade e política do momento. Mostra diso son os dous escudos heráldicos situados na fachada principal da construción. Ambos datan da primeira metade do século XVIII. O primeiro, que se atopa erosionado polo paso dos anos, componse de catro escudos que simbolizan a unión entre os Romero e os Bacelar Alemparte. O segundo fai alusión á liñaxe dos Correa.
(Fonte: Nigrán: Casas, pazos, heráldica y linajes). 
Hórreo en pedra e de dous andares.
Parte dos terreos do complexo funcionaban como grandes extensións agrícolas, de aí a existencia dun hórreo construído en pedra de gran tamaño e con dous andares. Trátase dun elemento pouco común en Galicia e nel almacenábanse as colleitas de millo e pataca. Ademais a zona caracterizábase por unha gran produción vinícola.
Capela orixinal.
Nada máis entrar na nave principal atópase unha capela de pequenas dimensións que conta cunha pila en pedra de orixe precolombino. A estancia mantívose tapiada durante moitos anos e as historias contan que durante un tempo serviu como sala de torturas. 
Hospedaría e albergue de peregrinos.
Desde agosto de 2015 as instalacións ofrecen o servizo de hospedaría, ademais do xa existente albergue para peregrinos que percorren o camiño francés pola costa. O seu xerente, Felipe Rodicio, explicou que o que se busca é manter o espírito de tranquilidade a todos os visitantes. “O vantaxoso deste complexo é que se trata dunha edificación na que se respira paz, pero sen afastarse da zona urbana e das praias”, explicou a esta revista. Por outra banda Rodicio incidiu no aumento de viaxantes no seu periplo até a capital galega pasando de 800 en 2014 a algo mais de 1100 no pasado ano.
Fiel á tradición
A pesar de que o emblemático Pazo de Pías diversifica a súa oferta de servizos, continúa sendo fiel á tradicionalidade ademáis de seguir moi vinculado á liturxia xa que nel celébranse cursos matrimoniais, xornadas de convivencia, serve como zona de descanso para sacerdotes e funciona como referencia pastoral do Val Miñor .
O Pazo de Pías como pioneiro na plantación da patata
É indudable o peso histórico que o complexo arquitectónico ten as suas espaldas. Isto supón que se xeren múltiples historias en torno a él como por ejemplo a contada polo xerente da hospedería, e é que él asegurou que a patata, logo de entrar por Baiona, comezou a cultivarse nos terreos do pazo, convertíndose no pioneiro da plantación de este tubérculo.
Invasión portuguesa de 1665:
As batallas libradas co exército portugués no século XVII no sur de Galicia foron numerosísimas. Por exemplo na Guarda (Castelo de Santa Cruz), e dende o Val do Rosal entraron hacia Loureza e Burgueira arrasando San Ciprián, Borreiros e Donas en dirección ao Val Miñor, cebándose tamén con Gondomar e Panxón pasando por Baiona, Porriño, ou a vila de Bouzas, entre outras . A súa dinámica era chegar, ocupar as edificacións, saquealas e logo prenderlles lume.
Fuente: D. Juan Domínguez Fontela Nuestra Guerra con Portugal en el Siglo XVII.
Por Pablo Fernández Estévez.
*Artigo incluido no número 11 da nosa revista COUSAS DE VAL MIÑOR



